Giuditta Pasta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giuditta Pasta no papel de Anna Bolena.

Giuditta Angiola Maria Costanza Pasta (nada Giuditta Angiola Maria Costanza Negri), nada en Saronno (Italia) o 26 de outubro de 1797 e finada o 1 de abril de 1865 en Como, foi unha cantante italiana cun rexistro de mezzosoprano e soprano. É considerada, xunto con Maria Malibran, como a máis célebre cantante lírica do século XIX, sendo aclamada no seu tempo polo seu rango vocal e a súa expresividade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Carlo Antonio Negri e Rachele Ferranti, Giuditta Pasta naceu en Saronno, unha localidade italiana próxima a Milán, o 26 de outubro de 1797 como Giuditta Negri, e dende moi pequena mostrou interese pola música.

Pasta estudou inicialmente de xeito privado con B. Lotti e seu tío F. Ferranti, proseguindo despois os seus estudos con Bonifazio Asioli e Giuseppe Scappa no Conservatorio de Milán.

En 1815 realizou o seu debut profesional no Teatro Filodrammatici de Milán en Le tre Eleonore de Scappa, onde interpretou un papel de contralto. O 17 de xaneiro do ano seguinte casou co avogado e tenor Giuseppe Pasta, que se converteu no seu axente. En 1821 realizou unha interpretación brillante de Desdemona no Otello de Rossini no Théâtre-Italien de París, e en 1824 conquistou Londres cunha serie de papeis de óperas de Rossini entre os que incluía o de Semiramis en Semiramide.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Operalogo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Giuditta Pasta

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]