Anguis veronensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Anguis veronensis

Anguis veronensis foto na provincia de Trieste
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Reptilia
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Familia: Anguidae
Subfamilia: Anguinae
Xénero: Anguis
Especie: A. veronensis
Nome binomial
Anguis veronensis
Pollini, 1818
Sinonimia
Véxase o texto

Anguis veronensis é unha especie de réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco comprendidas dentro do xénero Anguis. [1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1818 polo médico e botánico italiano Ciro Pollini no seu traballo "Lettera del sig. dott. Ciro Pollini al Direttore della Biblioteca Italiana intorno ad alcune malattie degli ulivi e ad alcuni serpenti del Veronese, per servire di appendice alla sua Memoria su lo stesso argomento inserita nel T. VIII, p. 451. Biblioteca italiana o sia giornale di letteratura, scienze et arti, compilato da vari letterati 9: 236–240.[2]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Para a do xénero ver Anguis.

O epíteto específico, veronensis, alude á localidade, Verona, onde se describiu por primeira vez.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais do nome actualmente válido (2021) a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2][3]

  • Anguis bicolor Risso, 1826
  • Anguis cinerea Gvoždik et al., 2013
  • Anguis cinereus Risso, 1826

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

Esta especie foi restablecida en 2013 por Gvoždík et al,[4] inicialmente co nome de Anguis cinerea.[5][6] Pero como o nome Anguis veronensis era anterior foi, polo tanto, o adoptado hoxe.

Características[editar | editar a fonte]

A súa lonxitude total é de até 48 cm (as femias son algo máis grandes que os machos). A lonxitude cabeza-tronco mide de media 21 cm para as femias e 17 cm para os machos. Exteriormente, a especie é moi similar a Anguis fragilis, pero a cola é relativamente máis longa. O número medio de escamas baixo a cola (escamas subcaudais) rolda as 150, algo superiores ás de A. fragilis. A cabeza de Anguis veronensis é algo máis robusta que a de Anguis fragilis.[Cómpre referencia]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Anguis veronensis pódese encontrar desde o nivel do mar, até os 2 300 m de altura na provincia de Trento. Poboa unha ampla gama de tipos de hábitats, como os bosques de piñeiros nas zons costeiras, en montes rasos, bosques de árbores caducifolios, soutos de castiñeiros, bosques de coníferas subalpinos, pero tamén en biótopos abertos, como prados, pastos e xardíns. Prefire as transicións entre hábitats arborados e abertos. Tamén debe haber unha certa cantidade de humidade do solo. No sur de Italia habita nas beiras de carballeiras e faias e, ocasionalmente, incluso en dunas de area seca con matogueiraa mediterráneas.

Distribúese por toda a Península Itálica e no sueste de Francia.[2][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anguis Linnaeus, 1758 no ITIS.
  2. 2,0 2,1 2,2 Anguis veronensis Pollini, 1818 no GBIF. Consultado o 28 de maio de 2021.
  3. Anguis veronensis Pollini, 1818 no GBIF.
  4. Gvoždík, Benkovský, Crottini, Bellati, Moravec & Rom (2013): "An ancient lineage of slow worms, genus Anguis (Squamata: Anguidae), survived in the Italian Peninsula". Molecular Phylogenetics and Evolution 69 (3): 1077–1092.
  5. Risso, C. (1826): Histoire naturelle des principales productions de l’Europe méridionale et particulièrement de celles des environs de Nice et des Alpes Maritimes. Tomo 3º. París: F.-G. Levrault. (Ver texto íntegro)
  6. cinerea provén do latín cinereus que significa "cinza" en referencia á súa cor. Porén, esta cor non é distintivo doutras especies do xénero Anguis, estando presente por exemplo en Anguis fragilis.
  7. Mezzasalma M., Guarino F. M., Aprea G., Petraccioli A., Crottini A. & Odierna G.(2013): "Karyological evidence for diversification of Italian slow worm populations (Squamata, Anguidae)" Comp. Cytogenet., 7 (3): 217–227.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Glandt, Dieter (2015): Die Amphibien und Reptilien Europas: Alle Arten im Porträt. 2., aktualisierte und erweiterte Auflage. Wiebelsheim: Quelle & Meyer. ISBN 978-3-4940-1581-1, pp. 329–330.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]