Peter Bogdanovich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPeter Bogdanovich

(2008) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xullo de 1939 Editar o valor em Wikidata
Kingston, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xaneiro de 2022 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePárkinson Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónCollegiate School (en) Traducir
Stella Adler Studio of Acting (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,78 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilme e dirección de cine Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactor , actor de cinema , crítico de cinema , actor de televisión , historiador do cinema (pt) Traducir , prosista , realizador , xornalista , montador , director de cinema , escritor , guionista , cámara , produtor de cinema , produtor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor em Wikidata - 2018 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoDocumental e drama Editar o valor em Wikidata
ProfesoresStella Adler Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLouise Stratten (pt) Traducir (1988–2001)
Polly Platt (pt) Traducir (1962–1971) Editar o valor em Wikidata
ParellaDorothy Stratten (pt) Traducir (1980–1980)
Cybill Shepherd (1971–1978) Editar o valor em Wikidata
FillosAntonia Bogdanovich (en) Traducir
 () Polly Platt (pt) Traducir
Sashy Bogdanovich (en) Traducir
 () Polly Platt (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0000953 Allocine: 3029 Rottentomatoes: celebrity/peter_bogdanovich Allmovie: p82288 TCM: 18321 Metacritic: person/peter-bogdanovich TV.com: people/peter-bogdanovich
Discogs: 2019450 WikiTree: Bogdanovich-18 Editar o valor em Wikidata

Peter Bogdanovich, nado en Kingston (Nova York) o 30 de xullo de 1939 e finado nos Ánxeles o 6 de xaneiro de 2022,[1] foi un director, guionista, actor, produtor, crítico e historiador do cinema estadounidense. Formou parte do "New Hollywood", xunto con William Friedkin, Brian De Palma, George Lucas, Martin Scorsese, Michael Cimino e Francis Ford Coppola.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bogdanovich naceu no estado de Nova York, fillo de Herma Robinson, xudía austríaca e Borislav Bogdanovich, pintor e pianista serbio ortodoxo,[2] que chegaron aos Estados Unidos en maio de 1939.[3] Comezou como actor na década de 1950, estudando con Stella Adler e aparecendo na televisión. A principios da década seguinte foi programador cinematográfico no Museum of Modern Art de Nova York.

En 1968, seguindo o exemplo do críticos de Cahiers du Cinéma decidiu converterse en director e marchou aos Ánxeles. O primeiro traballo ofreceullo o director Roger Corman. En 1971 dirixiu A derradeira película, o seu filme mellor recibido, que foi candidato a oito premios Oscar e no que tiña un papel importante a modelo de vinte e un anos Cybill Shepherd, coa que viviu un romance. Tras este filme logrou outros dous éxitos con What's Up, Doc? (1972) e Lúa de papel.

Porén, Daisy Miller ou Nickelodeon foron fracasos. En 1980 dirixiu a comedia They All Laughed, con Dorothy Stratten, antiga modelo que mantivo unha relación con Bogdanovich. Stratten foi asasinada polo seu marido, e o propio Bogdanovich tivo que encargarse da distribución do filme. Máis tarde indicou que este foi o motivo polo que se declarou en bancarrota en 1985.[4] O 30 de decembro de 1988 casou con Louise Stratten, irmá máis nova de Dorothy, de vinte anos; o matrimonio foi visto como un escándalo.[5]

Acadou un novo éxito en 1985 con Mask, pero o seguinte proxecto, a continuación de A derradeira película, titulada Texasville foi un fracaso de público e crítica. Os dous filmes provocaron desputas entre Bogdanovich e os estudios, que controlaban o financiamento e a montaxe final. Os seguintes filmes foron outros fracasos e levaron a Bogdanovich a apartarse durante anos da dirección. En 1997 declarouse de novo en bancarrota.[6]

Ademais de dirixir televisión, recuperou a interpretación cun papel recorrente como psicoterapeuta na serie The Sopranos.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Director[editar | editar a fonte]

Ano Filme Notas
1968 Voyage to the Planet of Prehistoric Women Acreditado como Derek Thomas
Targets
1971 Directed by John Ford Documental
A derradeira película
1972 What's Up, Doc
1973 Lúa de papel
1974 Daisy Miller
1975 At Long Last Love
1976 Nickelodeon
1979 Saint Jack
1981 They All Laughed
1985 Mask
1988 Ilegalmente teu
1990 Texasville
1992 Noises Off
1993 The Thing Called Love
1996 To Sir, with Love II TV
1997 The Price of Heaven TV
Rescuers: Stories of Courage: Two Women TV
1998 Naked City: A Killer Christmas TV
1999 A Saintly Switch TV
2001 The Cat's Meow
2004 The Mystery of Natalie Wood TV
Hustle TV
2007 Runnin' Down A Dream Documental
2014 She's Funny That Way

Actor[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

  • 1961: The Cinema of Orson Welles
  • 1962: The Cinema of Howard Hawks
  • 1963: The Cinema of Alfred Hitchcock
  • 1967: John Ford (expanded 1978)
  • 1969: Fritz Lang in America
  • 1970: Allan Dwan: The Last Pioneer
  • 1973: Pieces of Time (estendido en 1985)
  • 1984: The Killing Of The Unicorn - Dorothy Stratten 1960-1980]]. William Morrow and Company; ISBN 0-688-01611-1.
  • 1992: This is Orson Welles. HarperPerennial; ISBN 0-06-092439-X.
  • 1995: A Moment with Miss Gish. Santa Barbara: Santa Teresa Press.[7]
  • 1997: Who The Devil Made It: Conversations with Legendary Film Directors. Alfred A. Knopf; ISBN 0-679-44706-7.
  • 1999: Peter Bogdanovich's Movie of the Week.
  • 2004: Who the Hell's in It: Conversations with Hollywood's Legendary Actors. Alfred A. Knopf; ISBN 0-375-40010-9.

Nota[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (7 de xaneiro de 2022). "Fallece a los 82 años el director de cine Peter Bodganovich". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 
  2. Books.google.ca, ed. (1973). Current Biography Yearbook - Google Books. Consultado o 27 de febreiro de 2013. 
  3. Poughkeepsiejournal.com (ed.). "Poughkeepsiejournal.com". Consultado o 13 de febreiro de 2014. 
  4. Bogdanovich Files for Bankruptcy: Film's Failure Led to $6.6 Million in Debts Bankrupt By David Crook Los Angeles Times. The Washington Post (1974-Current file) [Washington, D.C] 19 de decembro de 1985: C1.
  5. Bogdanovich Weds Sister of His Murdered Lover Los Angeles Times (1923-Current File) [Los Angeles, Calif] 03 Jan 1989: V2.
  6. "Director Bogdanovich Declares Bankruptcy" LA Times 4 de xuño de 1997|ANN W. O'NEILL | TIMES STAFF WRITER consultado o 17 de xuño de 2013
  7. A Moment with Miss Gish, WorldCat.org; consultado o 27 de novembro de 2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Yule, Andrew, Picture Shows: The Life and Films of Peter Bogdanovich, Limelight, 1992

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]