F. W. Murnau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
F. W. Murnau
Murnauii.jpg
F.W. Murnau
Nacemento Friedrich Wilhelm Plumpe
28 de decembro de 1888
Bielefeld, Imperio Alemán Imperio Alemán
Falecemento 11 de marzo de 1931 (42 anos)
Santa Barbara, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Director de cine (1919—1931)
Ficha na IMDb

Friedrich Wilhelm "F. W." Murnau, nado como Friedrich Wilhelm Plumpe en Bielefeld o 23 de decembro de 1888 e finado en Santa Bárbara, California, o 11 de marzo de 1931, foi un dos máis influentes directores de cine alemáns da era do cine mudo, e unha prominente figura do expresionismo durante os anos 1920. Murnau foi amplamente influído polas obras de Schopenhauer, Nietzsche, Shakespeare e Ibsen. Murnau tamén serviu como comandante dunha compañía na fronte do leste durante a I Guerra Mundial.

O traballo máis coñecido de Murnau é o seu filme de 1922 Nosferatu, unha adaptación do Drácula de Bram Stoker. Malia non ter éxito comercial debido ós problemas cos dereitos de autor da novela de Stoker, o filme foi considerado unha obra mestra do expresionismo. Tamén é coñecido polo seu traballo no filme de 1924 Der letzte Mann e a súa interpretación de interpretación do Fausto de Goethe (1926). Emigrou a Hollywood en 1926, onde se uniu a Fox Studio e fixo outros tres filmes, Sunrise: A Song of Two Humans (1927), 4 Devilss (1928) e City Girl (1930).

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]