Alfonso Osorio García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlfonso Osorio García
Nome orixinal(es) Alfonso Osorio Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de decembro de 1923 Editar o valor em Wikidata
Santander, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de agosto de 2018 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Santander, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
8 de xullo de 1986 – 2 de setembro de 1989

Circunscrición electoral: Cantabria (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
8 de novembro de 1982 – 15 de xullo de 1986

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
17 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Procurador en Cortes
23 de decembro de 1975 – 30 de xuño de 1977
← Antonio Carro Martínez, Joaquín Gutiérrez Cano, Manuel Fraga Iribarne
Minister of Development Planning (en) Traducir
11 de decembro de 1975 – 7 de xullo de 1976
← Joaquín Gutiérrez Cano
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Procurador en Cortes
20 de decembro de 1965 – 15 de novembro de 1967
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , xurista , empresario , avogado do estado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoFalange Española Tradicionalista y de las JONS Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Alfonso Osorio García nado en Santander o 13 de decembro de 1923 e finado na mesma cidade o 27 de agosto de 2018,[1][2] foi un militar e político español. Durante a ditadura franquista ostentou varios cargos e despois, na transición, formou parte de diversas organizacións da dereita política, contribuíndo á formación de Alianza Popular. Sobre el, houbo unha orde de captura internacional, acusado de participar no masacre de 3 de marzo en Vitoria en 1976.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Oviedo.[3] Foi un dos primeiros nas oposicións a Xurídico Militar do Aire, exército onde chegou a ser coronel xurídico. En 1953, aprobou as oposicións a avogado do Estado co número un. En 1965, ocoupou o seu primeiro cargo público como subsecretario de Comercio. En 1968 foi presidente de RENFE durante dous anos.[4] Máis tarde, el foi vice-presidente de Petróleos del Mediterráneo (Petromed) e de Productos Químicos del Mediterráneo,[1] empresas despois absorvidas pola multinacional BP (British Petroleum) en España. Tamén foi profesor de Dereito fiscal e Finanzas públicas no ICADE.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Durante a ditadura franquista, formou parte da Acción Católica Nacional de Propagandistas,[3] e foi procurador en Cortes polo Terzo familiar dende 1965 até 1971[5] e Conselleiro do reino de 1969 a 1971. Ideoloxicamente, era monárquico e estaba próximo á figura de Xoán Carlos de Borbón, daquela príncipe de España. Foi fundador do grupo Tácito, un grupo de intelectuais e políticos que escribían, publicaban nos mellores diarios e exercían unha certa influencia non período final do franquismo e pretendían unha reforma do réxime. A súa ideoloxía política era de tendencia demócrata-cristiá, e en 1973 foi un dos fundadores do grupo Tácito, no que se reunían un feixe de pensadores e persoas con inquedanzas políticas que publicaban nos diarios da Editorial Católica[3] e que preparaban un cambio nos derradeiros momentos do franquismo.

Trala morte de Franco, durante a transición democrática, Alfonso Osorio formou parte de Acción Ciudadana Liberal, partido de centro-dereita creado por José María de Areilza. Foi ministro da Presidencia, co primeiro goberno do Rei Juan Carlos I e máis tarde foi nomeado vicepresidente segundo do Goberno de Adolfo Suárez, ao cal forneceu de moitos dos persoeiros que formarían o seu primeiro goberno, o que acabou convocando as eleccións de 1977. Durante a Transición política española tivo un papel moi activo como ministro e confidente de Adolfo Suárez. Foi senador por designación real no primeiro parlamento democrático.

En 1979, por mor das diferenzas políticas con Suárez, deixa o Goberno e a Unión de Centro Democrático e fundou un efémero Partido Democrático Progresista[6] que se presentou as eleccións integrado en Coalición Democrática, que era un feixe de partidos liderados pola Alianza Popular de Manuel Fraga. Conseguiu acta de deputado por Madrid nas eleccións xerais de 1982 e por Santander nas de 1986. Posteriormente, abandonou a política e converteuse nun membro de base do Partido Popular, e adicouse a escribir libros sobre a transición española.

Condena polos sucesos de Vitoria[editar | editar a fonte]

O 31 de outubro de 2014, a xuíza arxentina María Servini ordenou a súa detención, xunto con outros oito exministros franquistas,[7] por ser membro do Consello de ministros responsable dos sucesos de Vitoria do 3 de marzo de 1976. A xuíza imputouno pola responsabilidade como ministro de Presidencia no goberno de Adolfo Suárez, porque "xunto con Suárez e Martín Villa decidiu que o operativo fose dirixido por un mando único para que coordinase e mandase tódalas forzas de orde pública".[8] A xuíza cursou unha solicitude de captura internacional e solicitou, sen éxito a extradición ao goberno español.

Outros datos[editar | editar a fonte]

Osorio converteuse en 1961 no primeiro español en participar no Almorzo Nacional de Oración de Estados Unidos. Dende entón, realizouno polo menos,en 10 ocasións.[9]

Títulos e condecoracións[editar | editar a fonte]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Una trayectoria política (1976). Madrid: Ministerio de la Presidencia. Secretaría General Técnica. ISBN 9788450013665
  • Trayectoria Política de un ministro de la Corona (1980). Col. “Espejo de España”, nº 64. Barcelona: Ed. Planeta. ISBN 84-320-5664-2
  • Escrito desde la derecha. Canto a la libertad (1985). Col. Época. Barcelona: Plaza & Janés. ISBN 9788401332890
  • De orilla a orilla. Los entresijos de la transición al descubierto de la mano de un sincero testimonio. (2000). Col. Así fue. La historia rescatada. Barcelona: Plaza & Janés. ISBN 978-84-01-53040-1
  • Alfonso XIII (2003) con Gabriel Cardona. Col. Cara y cruz Barcelona: ediciones B. ISBN 978-84-666-1061-2

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Fallece a los 94 años Alfonso Osorio, vicepresidente de Suárez y figura destacada de la Transición". lavozdegalicia.es. 27-08-2018. Consultado o 28-08-2018. 
  2. "Fallecimiento. Don Alfonso Osorio García". eldiariomontañes.es. 26-08-2018. Consultado o 11-09-2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Bardavío, Joaquín (27-08-2018). "Fallece Alfonso Osorio, el hombre que ayudó a Suárez". elmundo.es. Consultado o 11-09-2018. 
  4. "Estos son los nuevos ministros. Alfonso Osorio García". elpais.com. 08-07-1976. Consultado o 11-09-2018. 
  5. "Ficha persoal no Congreso". congreso.es. Consultado o 11-09-2018. 
  6. "No nos resignamos a ser un pueblo postrado y pesimista". hemeroteca.abc.es. 17-12-1978. Consultado o 11-09-2018. 
  7. 7,0 7,1 "Muere Alfonso Osorio, hombre clave de la Transición". abc.es. 27-08-2018. Consultado o 11-09-2018. 
  8. "Interpol pide la detención preventiva de Martín Villa y otros 19 imputados por crímenes franquistas". cadenaser.com. 20-11-2014. Consultado o 11-09-2018. 
  9. Romero, Ana (05-02-2010). "Alfonso Osorio, primer invitado español". elmundo.es. Consultado o 29-08-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]