José María de Areilza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José María de Areilza
José María de Areilza y Martínez de Rodas
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 3 de agosto de 1909
Lugar: España Portugalete, Biscaia, España
Falecemento: 22 de febreiro de 1998
Lugar: España Madrid, España
Organización: Unión Monarquica de Biscaia
Falange Española de las JONS
Partido Popular (Centro Democrático)
Acción Ciudadana Liberal (Coalición Democrática)
Unión de Centro Democrático
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Ministro de Asuntos Exteriores (1975 - 1976)
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Político e diplomático
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

José María de Areilza y Martínez de Rodas, Conde de Motrico, nado en Portugalete o 3 de agosto de 1909 e finado en Madrid o 22 de febreiro de 1998, foi un político e diplomático español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Enrique de Areilza e da Condesa de Rodas. Estudou Dereito en Salamanca e Enxeñería en Bilbao. Membro da Unión Monárquica, foi candidato ó congreso en 1934. Participou na fusión de Falange Española y las JONS. Combateu na Guerra civil española cos sublevados e foi alcalde de Bilbao trala ocupación da cidade e ata 1939. Deixou a alcaldía para ser director xeral do Ministerio de Industria ata 1940.

Posteriormente foi embaixador en Arxentina (1947-50), Estados Unidos (1954-60) e Francia (1960-64). Dimitiu como embaixador en París por discrepancias co réxime franquista e foi nomeado en 1964 secretario do Consello Privado de don Xoán de Borbón. Por decisión do Rei Xoán Carlos I, Carlos Arias Navarro nomeouno ministro de Asuntos Exteriores no primeiro goberno da monarquía o 15 de decembro de 1975, consagrando o seu labor á aceptación da monarquía e o seu proxecto de cambio democrático no ámbito internacional.

Fundou con Pío Cabanillas en 1976 o Partido Popular, integrado despois na UCD, partido que deixou por desavinzas con Adolfo Suárez. En 1979 foi elixido deputado por Coalición Democrática, creada por Manuel Fraga. En 1981 foi elixido presidente da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa. Presentouse ás eleccións de 1982 coa UCD e foi elixido en 1987 membro da Real Academia de la Lengua Española.

Obras[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa vida, José María de Areilza escribiu máis de tres mil artigos de prensa. No ano 1986 recibiu o Premio Espasa de Ensaio pola súa obra La Europa que queremos (A Europa que queremos), escrita con ocasión da entrada de España na Unión Europea.

  • Reivindicaciones españolas (Reivindicacións españolas, 1941)
  • Así los he visto (Así os vin, 1974)
  • Diario de un ministro de la monarquía (Diario dun ministro da monarquía, 1977)
  • Cuadernos de la transición (Cadernos da transición, 1983)
  • Crónica de la libertad 1975-85 (Crónica da liberdade 1975-85, 1985)
  • La Europa que queremos (A Europa que queremos, 1986)
  • A lo largo del siglo 1909-91 (Ao longo do século 1909-91, 1992)


Predecesor:
Pedro Cortina Mauri
Ministro de Asuntos Exteriores de España
1975 - 1976
Sucesor:
Marcelino Oreja Aguirre