Antonio Carro Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Carro Martínez
Biografía
Nacemento3 de maio de 1923 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de abril de 2020 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
14 de xullo de 1986 – 21 de novembro de 1989

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

28 de xaneiro de 1985 – 25 de setembro de 1986
Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

26 de setembro de 1984 – 4 de outubro de 1984
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

24 de xaneiro de 1983 – 6 de outubro de 1983
Deputado no Congreso dos Deputados
10 de novembro de 1982 – 15 de xullo de 1986

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Deputado no Congreso dos Deputados
12 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Deputado no Congreso dos Deputados
11 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo

Procurador en Cortes
11 de febreiro de 1974 – 23 de decembro de 1975 – Alfonso Osorio García →
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 15 de novembro de 1971
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , xurista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoFalange Española Tradicionalista y de las JONS
Alianza Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 16815

Antonio Carro Martínez, nado en Lugo o 3 de maio de 1923[1] e finado en Madrid o 10 de abril de 2020,[2] foi un xurista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antonio Carro era doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas. Foi profesor de Dereito Político na Universidade de Madrid, substituíndo na cátedra a Fraga Iribarne,[2] e letrado do Consello de Estado. Pertenceu ao Corpo Técnico de Administración Civil e ao Corpo de Secretarios de Administración Local de primeira categoría. Foi procurador en Cortes en dúas lexislaturas das Cortes Españolas en representación do Instituto de Estudos Políticos e noutras dúas como representante familiar electo pola provincia de Lugo. Foi secretario xeral técnico do Ministerio da Gobernación e director do Instituto de Estudos de Administración Local.

Publicou tres libros sobre Dereito e Administración Pública, amais de diversos artigos en prensa especializada.

En 1973 foi nomeado director xeral de Administración Local, e foi o derradeiro ministro da Presidencia no 14º goberno do Franquismo (do 3 de xaneiro de 1974 ao 11 de marzo de 1975) e no 15º (do 11 de marzo ao 12 de decembro de 1975), con Arias Navarro como presidente.[2] Nesa etapa xogou un papel importante no desenvolvemento dos Acordos de Madrid, polos que España abandonaba o Sáhara.[2]

Foi deputado na Lexislatura constituínte de España e en catro lexislaturas máis, elixido por Alianza Popular pola provincia de Lugo. En 1982, diriixu a negociación para que 6 deputados da UCD - entre os que estaban Miguel Herrero de Miñón, Ricardo de la Cierva, Francisco Olivencia, Carlos Gila, Francisco Soler Valero, José Manuel Otero e José Luis Meilán - se pasaran ás bancadas de Coalición Democrática.[3]

Foi nomeado Fillo Predilecto da provincia de Lugo[2] e Fillo Adoptivo de Santiago de Compostela, e fóronlles concedidas as grandes cruces do Mérito Civil, Sanidade, Cisneros, do Xugo e as Frechas e de Carlos III.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Derecho Político (1965).
  • Reflexiones sobre aspectos actuales de la Función Pública Española (1974).
  • El Estado y las Fuerzas Armadas (1975).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "«Quién es quién en el nuevo Congreso de los Diputados»". abc.es (en castelán). 24 de novembro de 1982. Consultado o 12-4-2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 V.S., G. (12-4-2020). "El exministro y exdiputado lucense Carro Martínez fallece a los 96 años en Madrid". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 12-4-2020. 
  3. Prades, Joaquina (28 de xaneiro de 1982). "Miguel Herrero ultima con Antonio Carro el trasvase de seis diputados centristas a Coalición Democrática". elpais.com (en castelán). Consultado o 12-4-2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]