ICADE
ICADE é o acrónimo de Instituto Católico de Administración y Dirección de Empresas, institución desaparecida en 1978 cando se integrou na Universidade Pontificia Comillas dando lugar a dúas facultades de dita universidade, a Facultade de Dereito [1] e a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais,[2] facultades ambas que foran fundadas en 1956.
Na actualidade, segundo o Manual de Identidade Corporativa, só se puede engadir este acrónimo, entre parénteses, a continuación do nome oficial de cada unha destas dúas facultades, en recordo ao nome da desaparecida institución.[3]
Índice |
Historia [editar]
O ICADE ten a súa orixe en 1956, época na que desenvolve as súas actividades no marco do Colegio Universitario del Buen Consejo, un Seminario Técnico de Dirección de Empresas que, nun principio, limitábase á formación de posgraduados que desexaban acceder a postos directivos das empresas.
En 1960 únese ao ICAI para formaren ICADE-ICAI. Este mesmo ano inaugura o seu programa estrella E-3, exixente programa de estudos que combina as dúas licenciaturas, Ciencias Económicas e Empresariales e Dereito, converténdose así na primeira institución académica de España en ofrecer un programa conxunto deste tipo.
En 1978 ICADE-ICAI intégrase na Universidade Pontificia de Comillas. A marca ICADE anéxase a dúas facultades da universidade.
Facultade de Dereito [editar]
Na actualidade (2012) o seu Decano é Íñigo Navarro Mendizábal.
Departamentos [editar]
- Departamento de Dereito Privado
- Departamento de Dereito Económico e Social
- Departamento de Dereito Público
- Departamento de Disciplinas Comúns
Cátedras [editar]
- Cátedra Jean Monet Comisión Europea
- Cátedra Santander de Dereito e Menores
Titulacións [editar]
Titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior:[4]
| Titulación | Abbr. | Estudantes (2011-12) |
| Grao en Dereito | E-1 | 235 |
| Grao en Dereito e Grao en Administración e Dirección de Empresas | E-3 | 354 |
| Grao en Dereito s Grao en Ciencias Políticas e da Administración Pública | E-5 | 89 |
| Máster Universitario en Dereito da Empresa | 21 | |
| Máster Universitario en Investigación en Ciencias Xurídicas | 9 | |
| Máster Universitario en Propiedade Intelectual | 15 | |
| Máster Universitario en Tributación e en Fiscalidade Internacional | 7 | |
| Máster Universitario en Asuntos Internacionais: Economía, Política e Dereito | 21 |
- Plans de Estudo en extinción:
- Licenciaturas
- Licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración
- Licenciatura en Dereito e Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas (E-3)
- Licenciatura en Dereito e Diploma en Estudos Empresariais (E-1)
- Licenciatura en Dereoto e Diploma en Relacións Internacionais (E-1)
Centro de Innovación do Dereito (CID-ICADE) [editar]
O Centro de Innovación do Dereito (CID-ICADE) é un centro pertencente á Facultade de Dereito (ICADE) que se encarga da promoción, coordinación e execución de actividades universitarias dirixidas a fomentar a innovación, a facilitar a formación permanente e a fortalecer a relación da Facultade de Dereito cos colexios profesionais e outras institucións do ámbito xurídico.
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais [editar]
Na actualidade (2012) o seu decano é Alfredo Arahuetes García.
Departamentos [editar]
- Departamento de Economía
- Departamento de Xestión Empresarial
- Departamento de Xestión Financeira
- Departamento de Marketing
- Departamento de Métodos Cuantitativos
Cátedras [editar]
- Cátedra de Ética Económica e Empresarial
- Cátedra ALTAE
- Cátedra de Internacionalización Empresarial, Diversidade e Desenvolvemento Profesional (Nova creación 2010/2011)
Titulacións [editar]
Titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior:[5]
| Titulación | Abbr. | Estudantes (2011-12) |
| Grao en Administración e Dirección de Empresas | E-2 | 672 |
| Grao en Ciencias Empresariais Internacionais | E-4 | 269 |
| Máster Universitario en Administración de Empresas (MBA) | 46 | |
| Máster Universitario en Finanzas | 25 | |
| Máster Universitario en Investigación en Economía e Empresa | 50 | |
| Máster Universitario en Marketing | 25 | |
| Máster Universitario en Recursos Humanos | 23 |
- Plans de Estudo en extinción
- Licenciaturas
- Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas (E-2)
- Licenciatura en Ciencias Actuariais e Financeiras
ICADE Business School [editar]
O ICADE Business School é un centro docente pertencente á la Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (ICADE) que se ocupa da formación de posgrao empresarial.