Alejandro Raimúndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlejandro Raimúndez
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte1968 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Paignton, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario , xornalista Editar o valor em Wikidata

Alejandro Manuel Raimúndez Fernández, nado en Ourense en 1906 e finado en Paignton (Devon) en 1968, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Benigno Raimúndez, xastre, e de Felisa Rodríguez. En 1922 trasladouse a Vigo para estudar na Escola Pericial de Comercio, rematou os estudos de profesor mercantil en Madrid en 1928.[1] Foi profesor da Escola de Altos Estudos Mercantís de Madrid e pertenceu ao Ateneo de Madrid e foi membro da súa directiva, ademais en 1931 integraba a loxa da masonaría Mare Nostrum. Nese tempo coñeceu e colaborou con Ramiro Ledesma Ramos, asinando o manifesto "La Conquista del Estado" no que tamén figuran os galegos Manuel Souto Vilas e Ramón Iglesia Parga. Colaborou no semanario do mesmo nome, que se considera como un dos primeiros difusores do fascismo en España. Para esta publicación escribiu catro artigos, dos que tres eran sobre Galicia e nos que defendeu posicións autonomistas, gabando a Otero Pedrayo. Afastouse do grupo de Ledesma en outubro de 1931. En 1933 foi docente de Xeografía Xeral na Escola Central Superior de Comercio sendo, en 1935, nomeado catedrático da Escola Superior de Comercio de Barcelona.[2]

Contra á fin da Guerra Civil marchou a Francia onde foi internado nun campo de refuxiados da praia de Argelès-sur-Mer, do que saíu grazas ás xestións dun pastor protestante que coñecera en Ourense e que lle permitiu exiliarse en Inglaterra na primavera de 1939. Aínda que valorou continuar a súa tarefa docente en México, en 1941 incorporouse ao servizo para España da BBC. Promoveu e organizou o Galician Programme na BBC con Francisco Fernández del Riego. Operaba co pseudónimo Xavier Fernández e foi presentador, autor de tres programas e encargábase frecuentemente da lectura dos textos que se enviaban desde Galicia. Durante o franquismo fixo tres viaxes a Galicia, con moita discreción debido a ter causas penais abertas por masón. En 1962 doou a Real Academia Galega, da que era membro correspondente, unha copia dos 83 guións orixinais radiados nas emisións do Galician Programme.

Casou con Louisse Elizabeth Stevens Finou en 1948 e foi nacionalizado británico en 1955. Xubilouse na BBC en 1963 por motivos de saúde, aínda que fixo traducións para a ONU. Finou en Paignton en 1968.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 15-6-1928, p. 4.
  2. La Región, 15-6-1935, p. 1.
  3. Alejandro Raimúndez, La Voz de Galicia, 30-10-1968, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]