Alberte (nome)
Aparencia
(Redirección desde «Alberte (antroponimia)»)
Alberte,[1][2][3] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o xermánica, composta polos elementos góticos athal ‘nobreza’ e bairthts ‘claro, brillante; célebre, famoso’. Esta é a mesma orixe doutro nome galego, Adalberto.
En xaneiro de 2023 existían 110 varóns en Galicia co nome Alberte, cunha media de idade de 31 anos.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]A forma galega Alberte está documentada nos textos galegos dende o século XII.[2] Outras formas como Alberto, Adalberto, Adelberto, Albertos, Aubeto, Edelberto e Oberto[5][6] tamén están documentadas ao longo da historia.
Santoral
[editar | editar a fonte]- 8 de abril : Santo Alberte
- 15 de novembro: Santo Alberte o Magno.
Noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Albert: alemán, catalán, dinamarqués, francés, inglés, holandés, polaco e sueco.
- Alberto: castelán, italiano e portugués.
- Alberti: albanés.
- Albrecht: alemán.
- Albertu: asturiano.
- Alberz: bretón.
- Αλβέρτος (Albértos): grego.
- Алберт (Albert): búlgaro.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Algúns personaxes que levan o nome son:
- Alberte o Magno
- Albert Camus
- Albert Einstein
- Albert Uderzo
- Alberte I de Bélxica
- Alberte Xulio Rodríguez Feixoo
- Alberte Mera García
- Alberte Momán
- Alberte Pagán
- Alberte Permuy
- Alberte Souto Souto
- Alberte Suras
- Xosé Alberte Suárez Lage
- Alberto Avendaño
- Alberto Baltar
- Alberto Campillo García
- Alberto Carpo
- Alberto Casado Cerviño
- Alberto Casal Arantes
- Alberto Casal Rivas
- Alberto Cereijo
- Alberto Closas
- Alberto Colombo
- Alberto Comesaña
- Alberto Insúa
- Alberto Moravia
- Alberto Noguerol
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Ferro Ruibal, (dir.); Boullón, Ferro, García, Lema e Tato (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo. pp. 108–109. ISBN 84-7680-096-7.
Alberte / Alberta Variante: Albertos ("y no Alberto", di Sarmiento) […]
- ↑ Nome Alberte na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Nomes galegos de hoxe e de onte. Antropónimos galegos e galaicos. Asociación Cultura Fillos de Galicia. Setembro de 2012. p. 13.
Alberte Vars.: Alberto, Adalberto, Adelberto, Albertos. Or.: Xermánica (saxona): enteiramente brillante. Rel.: Berto
- ↑ Feixó Cid, X. (outubro de 2003). Dicionario Galego dos Nomes (en galego). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. p. 22. ISBN 84-9782-052-5.
Alberta, Albertina / Alberte […] Var.: Albertos, Aubeto, Edelberto, Oberto […]