Alberte Souto Souto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlberte Souto Souto
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
San Sadurniño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Alberte Souto Souto, nado en San Sadurniño en 1971, é un avogado e político nacionalista galego, pertencente ao BNG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en 1971 en San Sadurniño, licénciase en Dereito e desempeña o posto de avogado pertencente ao Colexio de Avogados de Ferrol. Durante o período 1996 a 1999 exerceu como avogado especializado en asuntos agrarios e como asesor xurídico do Sindicato Labrego Galego. Tamén foi asesor dos grupos parlamentarios do BNG no Congreso, no Senado e no Parlamento Galego, así como da Fundación Galiza Sempre.

Ocupou o cargo de Secretario Xeral da Consellería do Medio Rural desde agosto de 2005 a abril de 2009. É membro da Comisión de Garantías do BNG.