Alberto Casado Cerviño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alberto Casado Cerviño nado o 15 outubro 1952 en Pontevedra[1], é o Director da a Oficina Española de Patentes e Marcas, nomeado 24 de maio de 2008. Antes do seu nomeamento era Vicepresidente da Oficina de Harmonización do Mercado Interior e membro do Consello de Administración do Centro de Tradución dos órganos da Unión Europea.

Nacido o 15 de outubro de 1952 en Pontevedra, Alberto Casado Cerviño é doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e pertence ao Corpo de Letrados do Rexistro da Propiedade Industrial. Foi Profesor de Dereito Mercantil nas Universidades de Santiago e na Complutense de Madrid. Tamén foi profesor da Universidade Robert Schumann de Estrasburgo.

Ocupou os postos de Experto Consultor da Organización Mundial da Propiedade Intelectual, representante de España ante o Consello de Administración da Oficina Europea de Patentes, Vicepresidente da Oficina de Harmonización do Mercado Interior, con sede en Alacante, e membro do Consello de Administración do Centro de Tradución dos Órganos da Unión Europea.

Publicou diversos tratados relativos a Patentes e Marcas, á Propiedade Industrial e á Protección dos Consumidores.

Notas[editar | editar a fonte]