Al-Razí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para os historiadores andalusís de igual nome, véxase Al-Razí (historiadores).

Al-Razí, de nome completo Abū Bakr Muhammad ibn Zakarīyā al-Rāzī) (ابو بکر محمد بن زكريا الرازی), coñecido como "Zakariya-ye Razi زكريای رازی" en persa e tamén "Zakariya al-Razi" en árabe, o como Rhazes e Rasis en latín, foi un sabio persa (865 - 925).

De acordo con Al-Biruní, naceu en Rayy, provincia de Teherán, Irán, falecendo na mesma cidade.

Vida[editar | editar a fonte]

Al-Razí foi un médico, filósofo e académico que realizou achegas fundamentais e duradeiras á medicina, a química a física, a alquimia e á filosofía [1], escribindo máis de 184 libros e artigos científicos.

Compendio dos tratados de medicina de Al-Razí, ou Liber Continens, traducido ao latín por Xerardo de Cremona na segunda metade do século XIII.
Imaxe de Al-Razí no Liber Continens, 1250-1260.

Home de letras, era persa pero lía e escribía en árabe, e estudou os textos dos médicos da antigüidade (Hipócrates, Galeno), e e os hindús, eventualmente traducidos ao siríaco e despois ao árabe. E os escritos de Ali ibn Rabban al-Tabarí (morto contra 870) deberon ter unha notábel influencia nel.

Proseguiu a súa formación viaxando por Siria, Exipt e Al-Ándalus, completando os seus coñecementos librescos coa práctica clínica e experimental.

Al-Razí é recoñecido por descubrir o ácido sulfúrico, verdadeira "locomotora" da química moderna e a química industrial. Tamén descubriu o etanol (alcohol etílico ou, simplemente, alcohol) así como o proceso para o seu refinamento e o seu uso en medicina. A el atribúese a invención do alambique e a primeira destilación do petróleo para a obtención de queroseno e outros produtos.

Al-Razí era un empirista e racionalista e foi obxecto de numerosas críticas pola súa oposición ao aristotelismo e o seu libre pensamento fronte á relixión, e foi considerado polos seus contemporáneos e biógrafos como un home liberal e libre de todo prexuízo.

Viaxou moito e prestou servizos a varios príncipes e gobernantes, especialmente en Bagdad, onde tiña o seu laboratorio.

Ensinou e investigou na universidade de Bagdad, na Casa da Sabedoría (Bayt al Hikma), onde atraía a un gran número de estudantes de todas as disciplinas.

Dicíase del que era un home compasivo, amábel, xusto e devoto polo servizo dos seus pacientes, foran ricos ou pobres.

Foi indiscutibelmente un dos grandes pensadores do Islam, e a súa influencia na medicina e a ciencia europea foi enorme.

O seu Kitab al-Hawi fi al-Tibb, enciclopedia médica en 22 volumes, en parte póstuma, que recolle os coñecementos dos autores máis antigos en forma de longos extractos con referencias precisas e comentarios, ensinanzas e observacións do propio recompilador, foi traducido ao latín no século XIII co título Liber Continens, e exerceu unha profunde influencia na medicina occidental, tanto que, ao lado de outras novas obras, constituiría os fondos da biblioteca da facultade de medicina de París en 1395.

Obra[editar | editar a fonte]

Principais libros de medicina[editar | editar a fonte]

  • al-Hawi (الحاوي), al-Hawi al-Kabir (الحاوي الكبير). Tamén coñecido como A vida virtuosa. Extensa enciclopedia médica que contén numerosas receitas e comentarios de Al-Razí.
  • Isbateh Elmeh Pezeshki (en persa اثبات علم پزشكى), (Mostrando a ciencia da medicina)
  • Dar Amadi bar Elmeh Pezeshki (en persa درآمدى بر علم پزشكى) (O éxito da ciencia da medicna)
Capa do famoso Libro de Medicina de Razí.
Epidemias como as da varíola e o sarampelo foron estudadas con detalle por Al-Razí.
  • Rade Manaategha 'tibb jahez
  • Rade Naghzotibbeh Nashi
  • A experimentación na ciencia médica e a súa aplicación
  • Guidance
  • Kenash
  • Clasificación das enfermidades
  • Medicine real
  • Para os que non teñen médico (من لايحضره الطبيب)
  • O libro da medicina simple
  • O gran libro da Krabadin
  • O pequeno libro da Krabadin
  • O libro dos desastres
  • A comida e o nocivo
  • al-Judari wa al-Hasbah, Tradución: Tratado da varíola e o sarampelo [2]
  • Ketab dar Padid Amadaneh Sangrizeh (en persa كتاب در پديدآمدن سنگريزه) (O libro sobre a formación de cálculos (pedras no ril e na vesícula).
  • Ketabeh Dardeh Roodeha (en persa كتاب درد روده‌ها) (O libro das dores no intestino)
  • Ketab dar Dard Paay va Dardeh Peyvandhayyeh Andam (en persa كتاب در درد پاى و درد پيوندهاى اندام) (O libro das dores en pernas e pés)
  • Ketab dar Falej
  • O libro das dores das moas
  • Dar Hey'ateh Kabed (en persa در هيأت كبد) (Sobre o fígado)
  • Dar Hey'ateh Ghalb (Sobre a angustia) (en persa در هيأت قلب) (Sobre o corazón)
  • Sobre a natureza dos médicos
  • Dar Rag Zadan (en persa در رگ زدن) (Sobre a manipulación dos vasos [sanguíneos])
  • Ketabeh Ibdal
  • Comida para doentes
  • Soodhayeh Serkangabin (en persa سودهاى سركنگبين) (Beneficios da mestura de mel e vinagre)
  • Darmanhayeh Abneh
  • O libro dos insdrumentos cirúrxicos
  • O libro do aceite
  • As froitas antes e despois de comer
  • Libro sobre as discusións médicas (con Jarir Tabib)
  • Libro sobre as discusións médicas II (con Abu Feiz)
  • Sobre o ciclo menstrual
  • Ghi Kardan ou vomitando (en persa قى كردن)
  • Neve e medicina
  • Neve e sede
  • O pé
  • Doenzas fatais
  • Sobre os velenos
  • A fame
  • O sono suoroso
  • A primavera e a enfermidade
  • Conceptos equivocados sobre as capacidades dos médicos
  • O papel social dos médicos

Principais libros de filosofía[editar | editar a fonte]

  • O pequeno libro sobre o teísmo
  • Resposta a bu'al'Qasem
  • O gran libro sobre o teísmo
  • Filosofía moderna
  • Delsoozi Bar Motekaleman
  • Meydaneh Kherad
  • Khasel
  • Resaaleyeh Rahnamayeh Fehrest
  • Ghasideyeh Ilaahi
  • Shakkook
  • Naghseh Ketabe Tadbir
  • Naghsnamehyeh Ferforius

Honras[editar | editar a fonte]

O moderno Instituto Razí, preto de Teherán, foi denominado así por el.

Así mesmo en Irán conmemórase o Día de Razí, como o Día da Farmacopea, cada 27 de agosto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Corbin, Henry (1986): Histoire de la philosophie islamique. Paris: Éditions Gallimard
  2. A Treatise on the Small-pox and Measles, Traducido por William Alexander Greenhill, e Publicado e impreso pola Sydenham Society [ por C. e J. Adlrd ], 1848. URL

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Al-Razí

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Obras de Al-Razí[editar | editar a fonte]

  • Al-Rāzī (2004): La conducta virtuosa del filósofo. Tradución, introdución e notas de Emilio Tornero Poveda. Madrid: Trotta. ISBN 84-8164-659-8.
  • Al-Razi (1950): The spiritual Physik of Rhazes Tradución de A. J. Arberry. London: John Murray.
  • Kraus, Paul (1939): Abi Bakr Mohammadi Filii Zachariae Raghensis: Opera Philosophica, fragmentaque quae superssunt. Pars Prior. Cairo: Institut Francais d'Archeologie Orientale.[1]
  1. Esta é a única edición dos libros filosóficos de Al-Razí. Só se publicou o primeiro volume cando Kraus se suicidou e se prevía a publicación do segundo volume. Este material foi transferido, despois da súa morte, ao Institut Francais d'Archeologie Orientale, no Cairo.

Obras sobre Al-Razí[editar | editar a fonte]

  • Al-Baihaqí (1932): Tatimmah Siwan al-Hikma, (Ed. M. Ghafi), Lahore.
  • Al-Biruní (1936): Epitre de Beruni, contenant le repertoire des ouvres de Muhammad
  • Ibn Juljul (1936): Tabaqat al-Atibba w-al-Hukama. (Ed. Fu'ad Sayyid) Cairo.
  • Ibn Khallikan (1948): Wafayat al-A'yan, (Ed. Muhyi al-Din 'Abd al-Hamid), Cairo.

Bibliografía secundaria[editar | editar a fonte]

  • Badawi, Abdurraman (1945): "Min Tarlkh al-Ilhad fi al-Islam" Islamica, Vol. II, Cairo, 1945, páxs. 198–228.
  • Browne, E. G. (1921): Arabian Medicine. Cambridge, páxs. 44–53.
  • Browne, E. G. (2001): Islamic Medicine. Goodword Books Pvt. Ltd. ISBN 8187570199
  • Leelerc, L. (1876): Histoire de la medicine arabe. Paris, Vol. I, pásx. 337–54.
  • Mieli, Aldo (1938): La science arabe. Leiden, páxs. 8, 16.
  • Ranking, G. S. A. (1913): "The Life and Works of Rhazes", in Proceedings of the Seventeenth International Congress of Medicine, London, 1913, páxs. 237–68.
  • Renaud, H. P. J. (1931): "A propos du millenaire de Razes", in Bulletin de la Societé Irançaise d'Histoire de la Medicine, marzo-abril, páxs. 203 e seg.
  • Walker, P. (1992): "The Political Implications of al-Razi's Philosophy", in C. Butterworth (ed.) The Political Aspects of Islamic Philosophy. Cambridge, MA: Harvard University Press.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]