Brema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Abramis brama»)

A brema[2] (Abramis brama) é unha especie de peixe de auga doce pertencente á familia dos ciprínidos (Cyprinidae) que habita nos ríos e lagos de Irlanda, Reino Unido, centro e norte de Europa, e Rusia.

Aspecto e anatomía[editar | editar a fonte]

O seu corpo está comprimido lateralmente; no dorso presenta unha xiba algo marcada no seu parte anterior. Normalmente mide entre 40 e 60 cm de lonxitude con pesos de 2-3 kg. A lonxitude máxima é de 90 cm e en Alemaña capturouse en 2000 un exemplar de 85 cm e 7 kg de peso. Os exemplares de máis de 70 cm son raros, e só se dan en lugares específicos cunha poboación baixa de pláticas.

Brema dourada enriba e brema común embaixo.

É unha especie moi común en augas estancadas ou de curso lento, con fondos arxilosos ou lamosos, aínda que tamén está presente en estuarios (mar Báltico) e augas salobres (mar Caspio e Aral). Aliméntanse de bivalvos, larvas de mosquitos e vermes. A época de desova ocorre entre maio e xuño, en augas ricas en vexetación; os machos presentan durante este período tubérculos brancos ou amarelos sobre a cabeza e a parte anterior do corpo. A súa carne é consumida como alimento.

Pesca[editar | editar a fonte]

Brema común en Praga.

En moitos países do norte de Europa é un dos peixes máis apreciados polos pescadores deportivos, debido á súa abundancia e a que, en proporción ao seu tamaño, non é moi loitador nin dificíl de extraer vivo, o cal o converte en obxectivo ideal en competicións deportivas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Freyhof, J. & Kottelat, M. "Abramis brama". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. BOE, Suplemento en lingua galega ao núm. 298, Luns 12 de decembro de 2011 Sec. I. Páx. 23.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]