Ciprínidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ciprínidos
Carp.jpg
Clasificación científica
Dominio: Eukarya
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Ostariophysi
Orde: Cypriniformes
Suborde: Cyprinoidea
Familia: Cyprinidae
Subfamilias
  • Acheilognathinae
  • Barbinae
  • Cultrinae
  • Cyprininae
  • Danioninae
  • Garrinae
  • Gobioninae
  • Hypophthalmichthyinae
  • Leuciscinae
  • Rasborinae
  • Schizothoracinae
  • Xenocypridinae
Barbo (Barbus barbus).
Barbo xigante (Catlocarpio siamensis).
Barbonymus gonionotus.
Peixe dourado (Carassius auratus).
Carpa común europea (Cyprinus carpio).
Probarbus jullieni.
Tenca (Tinca tinca).
Tanichthys albonubes.
Gobio (Gobio gobio).
Rohu (Labeo rohita).
Leuciscus idus.
Pseudorasbora parva.

Os ciprínidos (Cyprinidae, carpas) é unha familia de peixes teleósteos fisóstomos, case todos de auga doce aínda que algunhas especies poden encontrarse en estuarios, distribuídos por ríos de África, Eurasia e Norteamérica (desde o norte de Canadá até o sur de México).[1] O seu nome procede do grego kyprinos, que significa peixe dourado.[2]

Aparecen por primeira vez no rexistro fósil no Eoceno, durante a Terciario inferior.[3]

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Posúen na farinxe entre unha e tres filas de dentes, cun máximo de 8 dentes cada fila; normalmente a boca ten labios finos sen papilas, a veces é unha boca succionadora -nos xéneros Garra e Labeo-, con ou sen bigotes; mandíbula superior normalmente protusible; a aleta dorsal nalgunhas especies ten radios espiñosos.[1]

O número primitivo de cromosomas é de 50 en case todas as especies -algunhas con 48-, pero danse casos de poliploidía.[1]

A lonxitude máxima descrita foi de preto de 3 m na Catlocarpio siamensis, aínda que existen moitas especies que non superan os 5 cm.[1]

Hábitat e forma de vida[editar | editar a fonte]

Son peixes ovíparos con abandono da posta, aínda que nalgunhas especies os machos constrúen niños ou protexen os ovos.[1]

Teñen unha alimentación variada, aínda que moitos son insectívoros, alimentándose especialmente de mosquitos.

Importancia para os humanos[editar | editar a fonte]

Moitos son pescados como importante fonte de alimentación humana, criándose en estanques de acuicultura con tal fin. Unha variedade moi popular en acuariofilia é a carpa dourada, de orixe chinesa.

Sistemática[editar | editar a fonte]

É unha familia numerosa pois existen máis de 2.000 especies agrupadas en máis de 200 xéneros:[4]

Familia Cyprinidae incertae sedis:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Nelson, J.S. (1994). Fishes of the world (3ª edición ed.). John Wiley & Sons, Inc.. pp. 600 p.
  2. Romero, P. (2002). An etymological dictionary of taxonomy.
  3. Cavender, T.M., 1991. The fossil record of the Cyprinidae. p. 34-54. En I.J. Winfield e J.S. Nelson (eds.) Cyprinid fishes: systematics, biology and exploitation. Chapman and Hall, Fish. and Fisheries Ser. 3. Londres.
  4. Family Cyprinidae en FishBase (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ciprínidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ciprínidos

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]