Cedofeita, Ribadeo
Coordenadas: 43°29′N 07°07′W / 43.483°N 7.117°W
| Cedofeita | |
|---|---|
| Concello | Ribadeo |
| Área | 7,17 km² |
| Poboación | (Ano 2004) 182 hab. |
| Densidade | 25,3 hab./km² |
| Entidades de poboación | 14 |
Santa María Madalena (ou Madanela) de Cedofeita é unha parroquia do concello de Ribadeo, na comarca da Mariña Oriental, pertencente ao arciprestado de Ribadeo. Os seus 182 habitantes, segundo o censo do 2004, agrúpanse e 11 entidades de poboación e 3 lugares o que proporciona unha densidade de 25,3 hab./km².
Índice |
[editar] Xeografía
| Situación xeográfica | |
|---|---|
| Mapa de situación en Galicia da parroquia Cedofeita, Ribadeo |
|
| Concello ó que pertence: Ribadeo |
Limita ao norte coa parroquia de Covelas, ao sur coa Valboa e Vidal (concello de Trabada), ao leste con Vilausende e Couxela, e ao oeste con Arante. O río Grande fai de límite nunha das zonas, a el vai parar o regato de Queixadoiro. Xa no sur o regato da Ferreira fai de limite co concello de Trabada. Ten unha altitude media de 420 m.
As entidades de poboación son Barreiros (8), A Currada (29), A Igrexa (10), O Pedregal (9), Piñeiro (50), A Ponte (abandonado), Queixoiro (7), Requiande (36), Santo Antonio (7), Teixido (15) e A Trapa (11).
Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: O Burgo, A Granda e A Torre.
[editar] Toponimia
Segundo Amor Meilán esta freguesía sería a antiga "Cito Facha" que xa figuraba no cambio feito polo bispo Paio de Cebeira co rei Afonso IX en 1202. Dentro do térmo encontrase a torre de Cedofeita, construida, como mostra de poderío, para a defensa da facenda. A parroquia tivo o seu gran momento no século XIX, cando coas parroquias limítrofes, crearon o concello de Cedofeita independizándose así do concello de Ribadeo. Non obstante, esta independencia durou pouco tempo xa que a integridade territorial do municipio de Ribadeo foi restaurada pola Xunta de Goberno da vila no 1843.
Outras fontes remarcan que o nome de Cedofeita ten a súa orixe na palabra latina Citofacta, composta polo adverbio latino cito ("axiña, cedo") e factum, participio do verbo latino facio, ("facer"). Así pois, de cito, que cambia a -t- en -d- (como catena a cadea) e o -a- de facta evoluciona a -ei- (como lacte a leite), acadándose a súa forma actual, Cedofeita, co significado de algo que foi feito, non 'hai moito tempo', senón en curto espazo de tempo, 'axiña'.
[editar] Patrimonio
Destacan a igrexa de Santa María Madanela e do Viso (Natividade) en Cedofeita, amais das capelas da Nosa Señora do Carme e a de Santiago na aldea de Piñeiro.
O pazo de Cedofeita, situado a 8 km da vila de Ribadeo, foi construído entre finais do século XV e principios do XVI por Lope García de Cedofeita. De planta rectangular, fabricado en cachotería de lousa e cadeiría de granito en vanos e esquinais, con cuberta de lousa a catro augas e con cheminea-torre. Composto dun corpo con baixo e primeiro piso e unha torre de dous andares, con remate en ameado. O conxunto complétase cun hórreo, un pombal circular, un muíño e unha pequena capela de estilo barroco rococó e con espadana dun so vano. Todo iso está rodeado por un alto muro con dúas portadas, unha das cales leva a fachada principal, onde se encontra o escudo de armas, e a outra, orientada o norte, conduce ata unha escalinata de pedra pola que se accede a vivenda. O escudo de armas de madeira substitúe a un anterior de pedra, coas liñaxes de casas como os Armada, Cid, Pedrosa ou Sánchez. Ten un recinto amurallado cunha zona de cultivo, árbores froiteiras e xardín.
[editar] Festas
- A Festa da Virxe do Carme celebrase o 24 de xuño.
- A Festa da Magdalena tamén se celebra en Cedofeita o 22 de xullo.
Nestas dúas festas acostumase a realizar unha procesión.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Cedofeita
| Lugares da parroquia de Cedofeita no concello de Ribadeo (Lugo) | |
|---|---|
|
Barreiros | O Burgo | A Currada | A Granda | A Igrexa | O Pedregal | Piñeiro | A Ponte | Queixoiro | Requiande | Santo Antonio | Teixido | A Torre | A Trapa |
[editar] Parroquias de Ribadeo
| Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo | |
|---|---|
|
Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María) |