Couxela, Ribadeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°28′N 07°05′W / 43.467°N 7.083°W / 43.467; -7.083

Couxela
Couxela, Ribadeo.jpg
Situación da parroquia
Concello Ribadeo
Área 4,56 km²
Poboación (Ano 2004) 156 hab.
Densidade 34,2 hab./km²
Entidades de poboación 13

Couxela é unha parroquia do concello de Ribadeo. Segundo o censo de 2004 tiña 156 habitantes, agrupados en 11 entidades de poboación e 2 lugares.

Limita ao leste con Vegadeo (Asturias), da cal está separada polo río Eo; ao sur coa Valboa (concello de Trabada), separada polo regato da Ferreira; ao norte con Vilausende; e ao oeste con Cedofeita. Pertence ao arciprestado de Ribadeo. Ten unha altitude media de 230 m.

Índice

[editar] Festas

Na actualidade só se celebra a Festa da Virxe das Dores, o cuarto domingo de setembro. Tempos atrás celebrábanse tamén as festas de San Brais (3 de febreiro), Santo Antón (13 de xuño) e Santiago (25 de xullo).

[editar] Toponimia

Posiblemente a súa orixe estea en Covus (cóncavo), forma latina arcaica. Á súa variante Covius foille engadido o sufixo -ellus, dando Coviella. A sílaba -vi- evoluciona ao -x- galego, como foveum -> foxo, dando Coxela. Pero o -v- de Covius representa un son palatal parasitario, parecido ao w inglés, que leva ao actual -u-, breve e átono, dando Couxela, co -ll- xeminado transformado en -l-.

Aparece documentado como Coegela.

[editar] Lugares de Couxela

Lugares da parroquia de Couxela no concello de Ribadeo (Lugo)

Os Bispos | Os Casais | A Casanova | As Cerdeiriñas | Cima de Vila | Fornelo | Irexe | Maizán | Moural | O Rego | Sendín | A Venda | A Xunqueira


[editar] Parroquias de Ribadeo

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo

Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas