A Centinela, Goián, Tomiño
| A Centinela | |
|---|---|
| Parroquia | Goián |
| Concello | Tomiño |
A Centinela é un barrio da parroquia de Goián, no concello de Tomiño.
Situado ó norte da parroquia, está preto do antigo forte das Chagas no leste, e polo oeste fronte o forte dos Medos ou do Carrillo, en Estás.
O nome procede do sentinela que vixiaba os movementos das tropas entre os dous fortes na época da independencia de Portugal. O forte das Chagas era ocupado polos portugueses, e o dos Medos polas forzas do Arcebispo de Santiago.
Nun documento do século XVII, na visita que fixo o delegado da mariña de guerra á devesa boial da parroquia, convocou a varios veciños, entre eles un carpinteiro, á acompañalo para o reconto do arboredo (carballo), marcando os que se podían cortar para leña por inservibles. Tamén fixo unha visita ós viveiros no lugar da Gargantada recomendando sementar o carballo albar (quercus robur).
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Goián
| Lugares da parroquia de Goián no concello de Tomiño (Pontevedra) | |
|---|---|
|
A Avenida do Brasil | A Avenida de Ordóñez | O Barrio Novo | A Calle | A Centinela | O Couto | Fontela | A Gándara | San Lourenzo | Soutelo | Tollo |