Currás, Tomiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Currás.
Currás
Currás, Tomiño.jpg
Igrexa parroquial.
Concello Tomiño
Área - km²
Poboación (Ano 2005) 284 hab.
Densidade - hab./km²
Entidades de poboación 5

San Martiño de Currás é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. No ano 2005 contaba con 284 habitantes (148 homes e 136 mulleres) segundo o padrón municipal.

Índice

[editar] Situación

A parroquia sitúase á beira do río Miño. Está atravesada pola estrada PO-552 (Tui - A Guarda).

[editar] Historia

Esta parroquia foi un anexo de San Salvador de Tebra ata o ano 1904, cando pasou a selo de Amorín

[editar] Patrimonio

A igrexa parroquial ten orixe no século XVI, se ben o seu estilo denota a influencia portuguesa da época anterior. O retablo é de 1803, que substituíu ao anterior, do século XVIII, cando foi trasladado á parroquia de Estás.

Na parroquia hai unhas necrópoles romanas, coñecidas co nome de Medos. Tamén hai vestixios dunha vila, datada entre os séculos IV e VI, cun hipocausto (antigo sistema de calefaccións por tubos) de grande interese para o estudo e coñecemento da cultura romano-xermánica en Galicia. Parte dos restos consérvanse no Museo Diocesano de Tui, e outra parte foi cuberta con area coa intención de seguir no futuro coas escavacións.

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares da parroquia de Currás

Lugares da parroquia de Currás no concello de Tomiño (Pontevedra)

O Cruceiro | A Estrada | O Monte | O Tapel | O Barral

[editar] Parroquias de Tomiño

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tomiño

Amorín (San Xoán) | Barrantes (San Vicente) | Currás (San Martiño) | Estás (Santiago) | Figueiró (San Martiño e San Campio) | Forcadela (San Pedro) | Goián (San Cristovo) | Piñeiro (San Salvador) | Pinzás (Santa María) | San Salvador de Tebra (San Salvador) | Sobrada (San Salvador) | Taborda (San Miguel) | Tebra (Santa María) | Tomiño (Santa María) | Vilameán (San Bieito)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas