A Calle, Goián, Tomiño
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Calle.
| A Calle | |
|---|---|
| Parroquia | Goián |
| Concello | Tomiño |
A Calle é un lugar da parroquia de Goián, no concello de Tomiño. Pertencía á extinguida parroquia de Santiago de Tollo, fusionada en 1760.
Comenza na actual praza da Igrexa ou Pintor Antonio Fernández ata o cruceiro da Calle, no cruce do camiño a Fontela. Ten unha lonxitude duns oitocentos metros e un ancho medio de douscentos. Na súa metade atópase a Praza do Correo. Nesta praza, ademais de ser parada das delixencias de Tui á Guarda, encóntrase unha edificación en pedra chamada a casa do "Ti Piepe". Hoxe en día a casa das do correo é tamén a taberna propiedade da parroquia de Santiago de Tollo, subastada tódolos anos ó mellor postor, chegando a pagaren polo seu alugamento 200 reales de vellón. Este diñeiro era para axudar a pagar os impostos de sisa, segundo se menciona no catastro de Ensenada.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Goián
| Lugares da parroquia de Goián no concello de Tomiño (Pontevedra) | |
|---|---|
|
A Avenida do Brasil | A Avenida de Ordóñez | O Barrio Novo | A Calle | A Centinela | O Couto | Fontela | A Gándara | San Lourenzo | Soutelo | Tollo |