Amorín, Tomiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Amorín.
Amorín
Amorín, Tomiño.jpg
Igrexa parroquial.
Concello Tomiño
Área - km²
Poboación (Ano 2009) 1.188 hab.
Densidade - hab./km²
Entidades de poboación 5

San Xoán de Amorín é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE en 2005 contaba con 1.188 habitantes (631 homes e 557 mulleres), o que supón un aumento respecto do ano 1999 cando tiña 729 habitantes.

Índice

[editar] Patrimonio

A igrexa de San Xoán de Amorín foi construída no ano 1780. Presenta trazos barrocos, pero conserva o carácter románico. Con anterioridade estaba emprazada no barrio de Baceiro. Na actualidade atópase nunha explanada arredor do adro. Alí érguense árbores de distintas especies. Este recinto está presidido por un cruceiro de 1900.

O castelo, do que só fican ruínas, foi construído enteiramente polo capitán xeneral de Galicia Vicente Gonzaga cara o ano 1657. Foi ampliado, máis tarde, cunha obra coroada por don Luis de Poderico. Tras a ampliación, o primitivo edificio, viuse mellorado cun recinto de dous baluartes enteiros, dous medios e tres revelíns de revestimento exterior, todo isto co seu correspondente foxo e camiño cuberto. Así mesmo, construíuse unha plataforma de artillería cara ó río. Este castelo tiña varias dependencias interiores, como a casa do Gobernador, cuarteis e corpos de garda. Trátase dunha fortaleza de construción terreña con profundos foxos. Xa nos informes militares do século XVIII descríbeno nun estado ruinoso. Na actualidade, esta fortificación atópase mergullada entre a vexetación facendo da súa visita, unha experiencia apta para aventureiros. Para atopalo, o visitante precisará facer unha pequena investigación topográfica da zona debido ás escasas indicacións existentes. A mellor maneira de chegar é preguntando ós veciños polo seu emprazamento exacto. Unha vez alí os seus foxos dificultarán o acceso ata tal punto que, se non se fai pola súa entrada principal, pode converterse a visita nunha tarefa imposible.

As areeiras de Amorín son un embarcadoiro fluvial así denominado porque, antigamente, unha empresa adicábase á extracción de area do río neste lugar. Esta tarefa, moi expandida o longo do Miño, caeu en desuso. Aquí, os pescadores do Miño, concentran unha pequena frota pesqueira de embarcacións en forma de media lúa, de orixe nórdico que navegan a remo, a vela ou a motor. Cos trasmallos, lampreeiras, alcharifes e outras redes pescan sables, lampreas, salmóns, meixóns, e demais especies do río.

[editar] Lugares e parroquias

Cruceiro, ano 1900.

[editar] Lugares da parroquia de Amorín

Lugares da parroquia de Amorín no concello de Tomiño (Pontevedra)

A Arrotea | Baceiro | Carregal de Abaixo | Carregal de Arriba | O Outeiro

[editar] Parroquias de Tomiño

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tomiño

Amorín (San Xoán) | Barrantes (San Vicente) | Currás (San Martiño) | Estás (Santiago) | Figueiró (San Martiño e San Campio) | Forcadela (San Pedro) | Goián (San Cristovo) | Piñeiro (San Salvador) | Pinzás (Santa María) | San Salvador de Tebra (San Salvador) | Sobrada (San Salvador) | Taborda (San Miguel) | Tebra (Santa María) | Tomiño (Santa María) | Vilameán (San Bieito)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas