Tebra, Tomiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santa María de Tebra
Igrexa de Santa María de Tebra, Tomiño.jpg
Igrexa de Santa María de Tebra
Concello Tomiño
Área - km²
Poboación 842 hab. (2005)
Entidades de poboación 9

Santa María de Tebra é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. No ano 2005 contaba con 842 habitantes (406 homes e 436 mulleres) segundo o padrón municipal. Situada ó norte do concello de Tomiño, fai límite cos concellos de Gondomar e Tui.

Índice

Patrimonio [editar]

Situados no monte Tetón atópanse uns petróglifos.

No lugar do Outeiro está situado o Castelo de Tebra.

Festas e Romarías [editar]

As festas parroquiais teñen lugar entre o 6 e o 8 de setembro, na honra de Santa María.

A festa na honra da virxe de Grixo ten lugar o terceiro domingo de agosto, celebrándose unha romaría a carón da capela de Grixo. Conta a lenda que ó lado desta capela apareceu a imaxe da Virxe, polo que esta foi construída. A virxe só está na capela ese día en concreto, e o resto do ano altérnanse entre a parroquia de Cristelos e Santa María de Tebra para gardala na súa respectiva igrexa. A romaría comeza pola mañá cando se oficia unha misa en cada igrexa e de cada parroquia sae unha procesión cara ao monte de Grixo. A xente pasa alí o día e a romería está amenizada por dous grupos, un para cada parroquia. Ó final do día a xente baixa nunha nova procesión e á Virxe lévana a parroquia a que lle corresponde ese ano.

Galería de imaxes [editar]

Lugares e parroquias [editar]

Lugares de Santa María de Tebra [editar]

Lugares da parroquia de Tebra no concello de Tomiño (Pontevedra)

A Bandeira | O Carballal | Cimadevila | O Folón | A Igrexa | O Outeiro | A Pedreira | A Ponteciña | Samuelle

Parroquias de Tomiño [editar]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tomiño

Amorín (San Xoán) | Barrantes (San Vicente) | Currás (San Martiño) | Estás (Santiago) | Figueiró (San Martiño e San Campio) | Forcadela (San Pedro) | Goián (San Cristovo) | Piñeiro (San Salvador) | Pinzás (Santa María) | San Salvador de Tebra (San Salvador) | Sobrada (San Salvador) | Taborda (San Miguel) | Tebra (Santa María) | Tomiño (Santa María) | Vilameán (San Bieito)

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]