Tollo, Goián, Tomiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tollo
ParroquiaGoián
ConcelloTomiño
Coordenadas41°56′41″N 8°46′51″O / 41.94472044411, -8.7807003055801Coordenadas: 41°56′41″N 8°46′51″O / 41.94472044411, -8.7807003055801
Poboación365 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Tollo é un lugar da parroquia de Goián, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 365 habitantes (186 homes e 179 mulleres). Foi parroquia propia (Santiago de Tollo) ata 1760.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O seu nome, segundo M. Fernández Rodríguez, vén do celta, e refírese a un lugar moi pantanoso.

Historia[editar | editar a fonte]

Un dos primeiros documento escritos que citan a Tollo é unha escritura de 1320 do mosteiro de Oia, onde se di que D. Lorenzo Pérez era al mismo tiempo rector de la Iglesia de Santiago de Tollo.[3]

A súa igrexa estaba no lugar chamado "As Baliñas", preto do asentamento do castro (Coñecido polo Criasto), no seu cemiterio o lado da mesma apareceron varios sarcófagos ou sartegos de pedra de forma de pía. Tamén cara a dita igrexa dirixíase un camiño que partindo do lugar da Pedra na parroquia de Eiras cruzando o río Tollo era case todo empedrado.

Noutra escritura, de 1614, menciónase a San Lourenzo de Tras os Montes (actual San Lourenzo, da freguesía de Tollo. Noutra escritura de poder e aforamento de 1713 labrada en el Barrio Nuevo de la Parroquia de San Cristobal de Goián, D. Benito Pereira de Castro, Gobernador de Valença do Minho, Coronel, membro do Abito de Cristo, dono do vinculo e casa de Lamama na Astasa, Estás e mais do vinculo da Carballa en Vilanova de Cerveira, aforaba os toxais dos Barreiro de Tollo e autorizaba ó seu apoderado a cambiar as rentas do millo miúdo polo groso así como a súa palla.

No catastro de Ensenada de 1753 aínda figura como parroquia, que conxuntamente con Santiago de Estás e Santa María de Tomiño elixían tódolos anos ó xuíz que lles administraba xustiza, tendo xa daquela alfándega. Tiña dous gardas, dúas escolas e catro curas. Tamén no mesmo catastro figuran censadas 17 panaderías, a maioría rexentadas por mulleres (hai unha lenda de cando a guerra da independencia contra os franceses, unha panadeira que madrugara para cocer, ao entrar no local atopou dous soldados franceses durmindo ao carón dunha fogueira que deixara no medio do local para que estivese tépedo, ela botou man dun pá de enfornar o pan e deulle un golpe a cada un na cabeza, matándoos).

Tamén no lugar do "Vila" o carón do río Tollo funcionou nos últimos anos do século XIX un muíño de pedra de xofre, propiedade dun señor que era contratista de obras.

Despois desa data, a finais do século XVIII, fusionouse co coto de Goián, que pertencía á familia Correa, que tiñan o terreo na beira do río (a casa da Torre) baixo o padroeiro de San Cristovo, co título de Villa y Barca de San Cristóbal de Goián.

Os barrios que formaban a parroquia de Tollo eran A Calle, Centinela, Fontela, San Lourenzo, A Gándara, Soutelo, o Espírito Santo e Tollo.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Goián tiña a súa igrexa no lugar do Pazo (no sitio chamado Igrexa Vella), e a de Tollo no lugar das Valiñas. A actual igrexa fíxose entre os anos 1850 e 1857.

Había, e aínda quedan, restos dos castro en Soutelo, e o castro de Tollo, este último coñecido polos veciños como o Criasto.

Unha das festas máis importantes de Goián e a da Virxe dos Remedios e a de san Cristovo, celebrase unha festa na alameda, hai atraccións e tamén locais de festa.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Goián[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Goián no concello de Tomiño (Pontevedra)

A Avenida de Ordóñez | A Avenida do Brasil | O Barrio Novo | A Calle | A Centinela | O Couto | Fontela | A Gándara | San Lourenzo | Soutelo | Tollo

Parroquias de Tomiño[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tomiño

Amorín (San Xoán) | Barrantes (San Vicente) | Currás (San Martiño) | Estás (Santiago) | Figueiró (San Martiño e San Campio) | Forcadela (San Pedro) | Goián (San Cristovo) | Piñeiro (San Salvador) | Pinzás (Santa María) | San Salvador de Tebra (San Salvador) | Tebra (Santa María) | Sobrada (San Salvador) | Taborda (San Miguel) | Tomiño (Santa María) | Vilameán (San Bieito)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Goián, Tomiño". Consultado o 18 de maio de 2023. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  3. M. Fernández Rodríguez, Historia de Goyán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]