Édith Piaf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Édith Piaf
Édith Piaf 914-6440.jpg
Édith Piaf en 1962.
Nome completo Édith Giovanna Gassion
Alias La Môme Piaf
Naceu 19 de decembro de 1915
Orixe París
Flag of France.svg Francia
Morreu 10 de outubro de 1963
Grasse, Flag of France.svg Francia
Ocupación (s) Cantante, compositora, actriz
Xénero Chanson
Instrumento(s) Cantante
Tipo de voz Contralto
Selo(s) discográfico (s) Decca Records (1947-48), Pathé Records, Pathé-Marconi
Tempo en activo 1935 - 1963
Busto de Édith Piaf en Polonia

Édith Giovanna Gassion, coñecida polo seu nome artístico de Édith Piaf, nada en París o 19 de decembro de 1915 e finada en Plascassier, Grasse, Alpes Marítimos, o 10 de outubro de 1963, foi unha cantante francesa.

Convertiuse no icono parisino da década de 1950, tanto en Francia coma fora do país, en especial en Estados Unidos onde se consagrou en 1956 no Carnegie Hall de Nova York.

O Museo Edith Piaf, adicado á súa memorio, atópase na rúa Crespin du Gast, no XI distrito de París.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

A lenda conta que Édith Piaf naceu debaixo dun farol diante do número 72 da rue de Belleville, en París, de pai acróbata (Louis Alphonse Gassion, natural de Normandía) e nai cantante, que os abandona ó pouco de nacer. Disque comezou no mundo da canción para axudarlle no circo ó seu pai. Os seus primeiros pasos neste terreo deunos cun repertorio de cancións populares.

No 1935, coñeceu a Louis Leplée, xerente dun cabaré de moda, o Gerny's, sito nos Campos Elisios. Édith Piaf actuou ocasionalmente neste lugar. Leplée deulle o alcume de nena gorrión ("la Môme Piaf") xa que era de pequena estatura e cantaba coma un gorrión, cunha voz espléndida. A violenta morte de Leplée fixo dela a principal sospeitosa, aínda que ó cabo foi absolta. Asinou un contrato con Polydor e gravou o seu primeiro disco en 1936, Les Mômes de la cloche (Os nenos mendigos[1]). O ano seguinte chegou ao gran music-hall, o ABC.

Tumba de Édith Giovanna Gassion (Édith Piaf)

Jean Cocteau escribiu para ela a obra que sería o maior éxito de 1940, Le Bel Indifférent (O Guapo Indiferente). Despois, asinou un contrato para participar no filme Montmartre sur scène (Montmartre en escena), de Georges Lacombe. Durante a guerra, Édith Piaf cantaba nos clubs e music-halls, onde coñeceu á súa contemporánea alemá Ilona Hesse, e dende onde axudaba ós presos a fuxir. Trala guerra escribiu La Vie en Rose (A Vida en Rosa), a máis coñecida das súas cancións, e traballou decote na Comédie Française. Converteuse nunha icona parisiense e na musa dos existencialistas. Nos anos 50, Édith Piaf xa era famosa en moitos países; o público norteamericano consagrouna en 1956 no Carnegie Hall de Nova York, ao que volveu con frecuencia.

Vida sentimental[editar | editar a fonte]

Son varios os romances de Édith Piaf, dunha banda case todos os cantantes aos que apoiou e promoveu as súas carreiras: Yves Montand, Charles Aznavour ou Georges Moustaki, tamén con xente coma o actor Marlon Brando.

Pero o gran amor da súa vida foi o boxeador francés de orixe arxelino Marcel Cerdan, campión do mundo en peso medio, a pesares de que el estaba xa casado cando se coñeceron. A morte do boxeador o 28 de outubro de 1949 nun accidente de aviación no voo París-Nova Iorque, cando ia reunirse con ela, sume á artista nunha profunda depresión e acentúa os seus problemas ca heroína e o alcohol. Deste romance xurdiu o filme Édith et Marcel.

En 1951 comeza a súa relación co mencionado Charles Aznavour, coma secretario, asistente, chofer e confidente. Sería o autor dalgunhdas das mellores cancións de Piaf, coma Plus Bleu que tes yeux ou Jezebel.

En 1953 comeza un programa de desintoxicación para combatir a dependencia dos medicamentos, porén en 1958 sufre un acidente de coche na compaña do seu novo compañeiro, Georges Moustaki, o que empeora a súa saúde e a dependencia da morfina.

Xa nos últimos anos, enferma e adicta, viviu un derradeiro amor de outono con Théo Sarapo, un grego moito máis novo que ela. Casa con Théo o 9 de outubro de 1962, aos 46 anos de idade.

Hai algúns detalles na súa biografía que son moi difíciles de aclarar, xa que ela mesma soía esaxerar moitas anécdotas da súa vida. Por exemplo, contaba que estivera cega durante un período importante da súa vida, cando a verdade é que a súa enfermidade ocular, aínda que grave, nunca lle impediu ver. A súa autobiografía chámase Au bal du chance.

Os seus restos foron levados a París, onde se comunicou a súa morte, o 11 de outubro. Esta data é a que figura oficialmente como data da súa defunción. Édith Piaf está enterrada no cemiterio de Père Lachaise. O seu enterro foi multitudinario, e a súa tumba segue a ser unha das máis visitadas do célebre cemiterio.

Enfermedade e morte[editar | editar a fonte]

En 1959 comeza unha serie de operacións quirúrxicas despois de desplomarse nunha xira en Nova York, estado de saúde agravado polo abandono de Moustaki.

Edith Piaf chega ao punto de case non manterse en pé e cantar so con importantes doses de morfina, como por exemplo unha serie de concertos ofrecidos en 1961 na Sala Olympia de París, uns dos máis emotivos da súa carreira e que salvaron ao salon da bancarrota. A comezos de 1963 grava a súa derradeira canción, L'Homme de Berlín, escrita por Francis Lai e M. Vendôme.

Finalmente falece o 10 de outubro de 1963 a causa dun cáncer hepático. Foi soterrada ante unha gran multitude de admiradores no cemiterio de Père Lachaise, en París, xunto ao seu pai e á súa filla Mercelle falecida tempo atrás aos dous anos de idade. Pese á súa fe católica prohibíronselle as exequias relixiosas dada a súa condición de divorciada. L'Osservatore Romano, xornal do Vaticano, definiuna como Ídolo da felicidade prefabricada e á súa vida como pecado público, porén o crego Villaret Thouvenin deulle a bendición final.

Filmes[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Filmes sobre a súa vida[editar | editar a fonte]

Obras baseadas na súa figura[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Édith Piaf

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aínda que a tradución literal de 'cloche' é 'campá', aquí fai referencia ao mundo dos mendigos, os 'clochards' derivando en 'cloche'.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]