Saltar ao contido

Michael Ende

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMichael Ende
Biografía
Nacemento(de) Michael Andreas Helmut Ende Editar o valor en Wikidata
12 de novembro de 1929 Editar o valor en Wikidata
Stuttgart, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte28 de agosto de 1995 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Filderstadt, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de estómago Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWaldfriedhof de Munique (pt) Traducir 48°06′18″N 11°30′02″L / 48.1050043, 11.50062536 Editar o valor en Wikidata
ResidenciaAlemaña (década de 1970–década de 1980) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, escritor de ciencia ficción, escritor de contos, guionista, escritor de literatura infantil, fantasy author (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMariko Satōjn (1989–1995)
Ingeborg Hoffmann (1964–1985) Editar o valor en Wikidata
PaiEdgar Ende Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteIedereen Leest (en) Traducir
ProDetLit (en) Traducir >>>:Энде Михаэль, Editar o valor en Wikidata
Páxina webmichaelende.de… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0256779 Allocine: 164304 Allmovie: p309256
BNE: XX931069 Bitraga: 372 Musicbrainz: 21442134-2f58-41ed-aa6d-70a250c44c54 Discogs: 435302 Find a Grave: 13869707 Editar o valor en Wikidata

Michael Andreas Helmut Ende, nado en Garmisch-Partenkirchen, Baviera, RFA o 12 de novembro de 1929 e finado en Stuttgart, na Alemaña reunificada, o 28 de agosto de 1995, foi un escritor alemán. As súas obras foron traducidas a máis de 40 linguas con vendas de máis de 35 millóns de exemplares.[1]

Biografía

[editar | editar a fonte]

Foi o fillo único do pintor surrealista Edgar Ende e a fisioterapeuta e despois tamén pintora Luise Bartholomä. Segundo Michael Ende, o pai fora marcado polos nazis como "artista dexenerado"[2] e era ela a que sostiña economicamente á familia.[3] Os seus pais estaban separados desde 1953, o pai morreu en 1965 e a nai en 1973, aos 81 anos.[4]

Sendo estudante participou na agrupación anti-nazi "Frente Libre Bávaro", pero debeu suspender os estudos para servir no exército alemán da RFA. Tempo despois mudouse coa súa familia a un barrio de artistas en Múnic, o que lle supuxo unha grande influencia. En 1947 entrou na escola Waldorf, seguidora da liña antroposófica creada polo filósofo Rudolf Steiner en Stuttgart.[5] En 1948 entra na Escola de Teatro de Cámara, de Otto Falckenberg, en Múnic.

Comezou a escribir relatos de corte infantil e xuvenil a principios da década de 1950. Traballou como actor, guionista de espectáculos de cabaret e como escritor de críticas cinematográficas.

En 1964 casou coa cantante Ingeborg Hoffman, que coñecera en 1949, e coa que foi vivir a Roma. Ingeborg faleceu en 1985 debido a un cancro de pulmón, e Michael Ende casou de novo en 1989 coa xaponesa Mariko Sato, que fora a súa a súa tradutora ao xaponés.[6]

Michael Ende morreou con 65 anos, debido a un cancro de estómago que se lle diagnosticara o ano anterior.[4]

A súa obra enmárcase no xénero fantástico.

En 1947 escribiu a súa primeira obra de teatro, dedicada á matanza de Hiroshima. Ao longo da súa vida Ende viaxou catro veces ao Xapón.[6]

Logrou popularidade no seu país coa obra Jim Knopf und Lukas der Lokomotivführer ("Jim Botón e Lucas o Maquinista"), publicada en 1960, unha novela fantástica que lle supuxo o premio Deutscher Jugendbuchpreis como mellor libro alemán do ano para público infantil. En 1962 publicou a segunda parte, Jim Knopf und die Wilde 13 ("Jim Botón e os 13 salvaxes").

Momo foi publicada en 1973 con grandes dificultades, debido á dura crítica social que entraña. Foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Xuvenil.

Die unendliche Geschichte ("A historia interminable") foi publicada en 1979, e supúxolle o Premio Internacional Janusz Korczak.

Ao longo da súa vida, Ende recibiu 41 premios, entre eles o Buxtehuder Bulle (galardón dado por un xurado de nenos e adultos), o Premio Literario Europeo de Libro Xuvenil, o Nakamori do Xapón, ou o Simpatía Cidade de Roma.[7]

Museo Michael Ende

[editar | editar a fonte]

En 1998 inaugurouse na Bibliothek für internationale Kinder- und Jugendliteratur (Biblioteca internacional de literatura infantil e xuvenil) de Múnic o Museo Michael Ende. Nel consérvanse obras do autor en diversos idiomas, manuscritos, pinturas do seu pai, libros da súa biblioteca privada, e obxectos persoais de especial valor. Ende era un coleccionista de figuras de tartarugas feitas de toda clase de materiais.

  1. "Michael Ende – Infos und Bücher ; Thienemann-Esslinger Verlag". www.thienemann-esslinger.de (en alemán). Consultado o 2022-08-24. 
  2. "Biografie Michael Ende ; THIENEMANN". web.archive.org. 2016-07-02. Archived from the original on 02 de xullo de 2016. Consultado o 2022-08-24. 
  3. "Die Mutter". Michael Ende, Offizielle Webseite (en alemán). 2010-08-12. Consultado o 2022-08-24. 
  4. 4,0 4,1 "Life & Work". Michael Ende (en inglés). 2011-03-30. Consultado o 2022-08-24. 
  5. A antroposofía foi creada como unha escisión da teosofía por Steiner cando declararon a Jiddu Krishnamurti a reencarnación de Cristo.
  6. 6,0 6,1 "Mariko Sato and Japan". Michael Ende (en inglés). 2011-03-30. Consultado o 2022-08-24. 
  7. "Premiums & Awards". Michael Ende (en inglés). 2011-04-19. Consultado o 2022-08-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]