Garmisch-Partenkirchen
| Markt Garmisch-Partenkirchen (de) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Alemaña | ||||
| Estado federado | Baviera | ||||
| Regierungsbezirk | Alta Baviera | ||||
| Distrito rural | Garmisch-Partenkirchen (pt) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 27.509 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 205,67 km² | ||||
| Bañado por | Loisach (en) | ||||
| Altitude | 708 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1935 | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Elisabeth Koch (en) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 82467 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 08821 | ||||
| Clave de rexión en Alemaña | 091800117117 | ||||
| Número de municipio alemán | 09180117 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | gapa.de | ||||
Garmisch-Partenkirchen é un concello arraiano e alpino de Alemaña, capital do distrito homónimo, localizado na rexión administrativa da Alta Baviera, dentro do estado libre asociado de Baviera. O concello está situado na fronteira con Austria e conta con 26.000 habitantes (datos do 2010).
A cidade e as competicións deportivas
[editar | editar a fonte]Garmisch-Partenkirchen é coñecida por ser un lugar especialmente axeitado para a práctica de deportes de inverno e foi sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1936. O estadio Große Olympiaschanze foi o local onde se realizaron as cerimonias de apertura e clausura, ademais de acoller as competicións do salto de esquí e un dos eventos do combinado nórdico. Nas proximidades da pista foran realizadas as probas do esquí cross-country
Chegou a ser nomeada sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1940 aínda que estes nunca se chegaron a lidar por mor da segunda guerra mundial. Foi a localización do Campionato Mundial de Esquí Alpino de 1978 e do 2011.
Tradicionalmente ten lugar todos os primeiros de xaneiro unha competición de saltos de esquí, dentro do Vierschanzentournee.
Garmisch-Partenkirchen é un importante destino de turismo deportivo especializado en esquí, snowboarding e sendeirismo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Garmisch-Partenkirchen |
