Gran Hotel (serie de televisión)
Gran Hotel | |
---|---|
![]() O Palacio da Magdalena, edificio que dá vida ao 'Gran Hotel' da serie. | |
Xénero | Drama de época |
Creado por | Ramón Campos Gema R. Neira |
Intérpretes | Amaia Salamanca Yon González Concha Velasco Eloy Azorín Adriana Ozores Luz Valdenebro Fele Martínez Paula Prendes Marta Larralde Pedro Alonso Lloren González Asunción Balaguer Manuel de Blas |
País de orixe | ![]() |
Episodios | 39 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Ramón Campos Teresa Fernández-Valdés |
Duración | 80 min aprox. |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Antena 3 |
Primeira emisión | 4 de outubro de 2011 |
Derradeira emisión | 25 de xuño de 2013 |
Na rede | |
https://www.antena3.com/series/gran-hotel/ e https://mediasetinfinity.mediaset.it/fiction/grandhotel-intrighiepassioni_SE000000001390 | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Gran Hotel foi unha serie de televisión de xénero misterioso e dramático producida por Bambú Producciones, para a súa emisión en Antena 3. A serie estreouse o 4 de outubro de 2011 e acabou o 25 de xuño de 2013. Está protagonizada, entre outros, por Yon González e Amaia Salamanca e rodada en diferentes puntos de Santander, destacando o Palacio da Magdalena como principal escenario da serie. A serie estreouse superando os 3,7 millóns de espectadores e o 20% de share, a mellor estrea da tempada.
A segunda tempada da serie empezou a gravarse en xaneiro de 2012 para comezar a emitirse o 3 de outubro de 2012. Consta de 8 episodios e incorporáronse os actores Juan Luis Galiardo, Silvia Marsó, Andrea Trepat, Marian Arahuetas, Alfonso Bassave e Víctor Clavijo.
A terceira tempada estreouse o 22 de xaneiro de 2013, contando coas incorporacións de grandes nomes da ficción española: Lydia Bosch -que xa aparecía nos capítulos finais da segunda tempada-, Lluís Homar, Megan Montaner e Marta Hazas. O 19 de marzo de 2013 estreouse a cuarta tempada como continuación da terceira. O 25 de xuño emitiuse o último capítulo.
Argumento[editar | editar a fonte]
1ª tempada[editar | editar a fonte]
Os acontecementos transcorren en 1905. Julio Olmedo (Yon González), un mozo de orixe humilde, chega ata o idílico Gran Hotel, situado nos arredores dun pobo chamado Cantaloa, para visitar a súa irmá Cristina (Paula Prendes) que traballa no mesmo como encargada de planta. Alí, Julio descubrirá que fai máis dun mes que ninguén sabe nada da súa irmá (despois de que fose expulsada do hotel por un suposto roubo a un cliente). Julio decide quedar como camareiro e investigar a desaparición da súa irmá. No Gran Hotel, Julio irá coñecendo ao persoal e forxará unha relación con Alicia Alarcón (Amaia Salamanca), unha das fillas de Doña Teresa (Adriana Ozores), a propietaria do hotel. Alicia axudaralle nas súas investigacións xunto con Andrés (Llorenç González), un humilde camareiro fillo da gobernanta do hotel (Concha Velasco) con quen xurdirá unha grande amizade. Julio e Alicia namóranse perdidamente e viven un amor apaixonado, aínda que tamén imposible pola diferenza de clases. Xuntos irán descubrindo mentiras e segredos celosamente gardados entre as paredes do Gran Hotel.
2ª tempada[editar | editar a fonte]
Tres meses logo da voda entre Alicia (Amaia Salamanca) e Diego (Pedro Alonso), e do intento de asasinato de Andrés (Llorenç González), os recentemente casados regresan ao Gran Hotel trala súa lúa de mel en París. Ao volver ao hotel, Alicia descobre que Julio (Yon González) segue estando no Gran Hotel, pois quedou a investigar quen quixo asasinar a Andrés e a partir dese momento, a moza empeza a revivir o amor que sentía por Julio e cría perdido. O amor que ela e Julio sentían volve xurdir, pero a situación é moito máis perigosa. Diego é celoso e intelixente e, en canto sospeite que a súa muller sente algo máis por outro home, intentará acabar con el como sexa. Pese a iso, Alicia axuda a Julio na súa investigación. As investigacións da parella vanse complicando coa aparición de sucesivos sospeitosos. Un misterio que pronto se cruza con outro maior: a morte de Don Carlos Alarcón (Jordi Bosch), o pai de Alicia e anterior dono do hotel. A verdade oficial, que Don Carlos morreu por causas naturais, enseguida revélase nunha gran farsa. Xa non só se trata de protexer a Andrés, agora tamén deben descubrir os segredos do pasado da familia Alarcón. Doutra banda, Belén (Marta Larralde) está a piques de dar a luz, o que significa que pronto nacerá o inexistente fillo de Sofía (Luz Valdenebro) e Alfredo (Fele Martínez).
3ª tempada[editar | editar a fonte]
Tras descubrir o anónimo que acusa a Alicia (Amaia Salamanca) de enganalo, Diego (Pedro Alonso) segue obsesionado con saber con quen lle é infiel a súa esposa. Mentres, a moza segue investigando a morte do seu pai co fin de saber toda a verdade, aínda que a súa nai, Doña Teresa (Adriana Ozores), advírtelle que si a descubrise non sería capaz de soportala. Doutra banda, Sofía (Luz Valdenebro) intentará conseguir o perdón de Alfredo (Fele Martínez) e volver achegarse a el, pero non o conseguirá facilmente. Ademais, Belén (Marta Larralde), quen todo o mundo cría excluída para sempre do Gran Hotel, volverá tras un cambio sorprendente á vez que don Ernesto (Juan Luis Galiardo) abandónao para sempre, deixando unha inmensa tristeza en Ángela (Concha Velasco), quen garda un gran segredo que non tardará en ser revelado ante todos.
Repartimento[editar | editar a fonte]
Personaxe | Actor/Actriz | Descrición |
---|---|---|
Julio Olmedo | Yon González | Camareiro do hotel. |
Alicia Alarcón | Amaia Salamanca | Filla de Doña Teresa. |
Ángela | Concha Velasco | Gobernanta do hotel, nai de Andrés. |
Javier Alarcón | Eloy Azorín | Único fillo de Doña Teresa. |
Teresa Aldecoa | Adriana Ozores | Matriarca, viúva de don Carlos Alarcón. |
Sofía Alarcón | Luz Valdenebro | Filla máis vella de Doña Teresa. |
Alfredo Vergara | Fele Martínez | Esposo de Sonia Alarcón, fillo do Marqués de Vergara. |
Belén | Marta Larralde | Doncela. |
Andrés | Llorenç González | Camareiro, fillo de Ángela e Gabriel. |
Diego Murquía / Adrián Vera | Pedro Alonso | Esposo de Alicia Alarcón. |
Ayala | Pep Antón Muñoz | Detective e psiquiatra de profesión. |
Hernando | Antonio Reyes | |
Maite | Megan Montaner | Avogada, amiga de Alicia Alarcón. |
Jesús Cisneros / Samuel Arriaga | Lluís Homar | Maître. |
Lady | Asunción Balaguer | Hóspede permanente do hotel. |
Marquesa de Vergara | Kiti Manver | Marquesa de Vergara, nai de Alfredo Vergara. |
Natalia | Raquel Sierra | Doncela. |
Beatriz | Vanessa Rius | Doncela. |
Inés | Paula Ovejero | Doncela. |
Xuíz Barreda | Pedro Miguel Martínez | Xuíz. |
Benjamín † | Manuel de Blas | Maître, o empregado perfecto. |
Sebastián | Iván Morales | Dono do negocio de apostas ilegais. |
Cristina Olmedo † | Paula Prendes | Irmá desaparecida de Julio, antiga encargada de planta do Gran Hotel. |
Pascual † | Alejandro Cano | Recepcionista. |
Victoria | Ana Ruiz | |
Eugenia † | Inma Cuevas | |
Mercedes | Patricia Delgado | |
Dorotea | Marta Poveda | |
Catalina | Elena Tarrats | |
Ernesto | Juan Luis Galiardo † | Maître. |
Isabel | Mariam Arahuetes |
Escenarios[editar | editar a fonte]
Os feitos suceden nun hotel, chamado Gran Hotel, que se sitúa nos arredores do ficticio municipio de Cantaloa. Esta serie grávase principalmente na Península da Magdalena, en Santander. O Palacio da Magdalena dá vida na serie ao idílico hotel, sendo este o principal escenario e onde transcorren a maioría dos feitos. Ademais, tamén se gravan secuencias tanto nos arredores do palacio, nos prados, os bosques ou as praias da península.
O pobo que inspira a Cantaloa é un pequeno pobo situado na serra de Madrid chamado Patones de Arriba.
Equipo técnico[editar | editar a fonte]
Ramón Campos e Teresa Fernández-Valdés están detrás da produción executiva desta serie para a que reuniron de novo ao equipo creador dos seus principais éxitos: o director Carlos Sedes, o director de fotografía Jacobo Martín, o músico Federico Jusid e os guionistas Gema R. Neira e Eligio R. Montero. Gran Hotel conta con Juan Luna como asesor histórico, conservador xefe do Museo do Prado.
Capítulos e audiencias[editar | editar a fonte]
Capítulo | Nome | Data de emisión | Espectadores | Share |
---|---|---|---|---|
PRIMEIRA TEMPADA | ||||
01 | La doncella en el estanque | 4 de outubro de 2011 | 3 719 000 | 20,0% |
02 | El anónimo | 11 de outubro de 2011 | 3 477 000 | 19,7% |
03 | El cuchillo de oro | 18 de outubro de 2011 | 3 401 000 | 18,6% |
04 | La casa abandonada | 25 de outubro de 2011 | 3 302 000 | 17,8% |
05 | Luna de sangre | 1 de novembro de 2011 | 3 412 000 | 18,6% |
06 | La joya desaparecida | 8 de novembro de 2011 | 3 284 000 | 17,9% |
07 | La carta robada | 22 de novembro de 2011 | 3 562 000 | 19,0% |
08 | La sangre de la doncella | 29 de novembro de 2011 | 2 963 000 | 16,2% |
09 | La huella | 6 de decembro de 2011 | 3 443 000 | 19,1% |
SEGUNDA TEMPADA | ||||
10 | Luces y sombras | 3 de outubro de 2012 | 2 823 000 | 14,7% |
11 | Un llanto en la noche | 10 de outubro de 2012 | 3 095 000 | 15,9% |
12 | El secreto | 17 de outubro de 2012 | 2 822 000 | 14,6% |
13 | Retorno al pasado | 24 de outubro de 2012 | 2 662 000 | 13,6% |
14 | Cecilia | 31 de outubro de 2012 | 2 298 000 | 12,9% |
15 | El aniversario | 7 de novembro de 2012 | 2 904 000 | 15,4% |
16 | El bautizo | 14 de novembro de 2012 | 2 902 000 | 15,2% |
17 | El camarógrafo | 21 de novembro de 2012 | 2 940 000 | 15,5% |
TERCEIRA TEMPADA | ||||
18 | Baile de máscaras | 22 de xaneiro de 2013 | 2 626 000 | 14,2% |
19 | Propósito de enmienda | 29 de xaneiro de 2013 | 2 784 000 | 14,5% |
20 | El secuestro | 29 de xaneiro de 2013 | 2 617 000 | 13,7% |
21 | Álbum de familia | 29 de xaneiro de 2013 | 2 742 000 | 14,2% |
22 | El juego de las apariencias | 29 de xaneiro de 2013 | 2 747 000 | 14,2% |
23 | Lazos de sangre | 29 de xaneiro de 2013 | 2 513 000 | 13,9% |
24 | El círculo del mediodía | 5 de marzo de 2013 | 2 578 000 | 14,0% |
25 | La última noche | 12 de marzo de 2013 | 2 733 000 | 14,5% |
26 | El primer día | 19 de marzo de 2013 | 2 720 000 | 15,0% |
27 | Valtejar | 2 de abril de 2013 | 2 711 000 | 13,8% |
28 | La venta | 9 de abril de 2013 | 2 608 000 | 13,7% |
29 | El Torreón | 16 de abril de 2013 | 2 691 000 | 14,4% |
30 | Nobleza obliga | 23 de abril de 2013 | 2 705 000 | 14,4% |
31 | La subasta | 30 de abril de 2013 | 2 541 000 | 13,1% |
32 | La variante del dragón | 7 de maio de 2013 | 2 602 000 | 13,8% |
33 | El enemigo en casa | 14 de maio de 2013 | 2 509 000 | 13,6% |
34 | El escarmiento | 21 de maio de 2013 | 2 517 000 | 13,1% |
35 | La ejecución | 28 de maio de 2013 | 2 615 000 | 13,4% |
36 | La salud de los difuntos | 4 de xuño de 2013 | 2 660 000 | 13,9% |
37 | Revancha | 11 de xuño de 2013 | 2 569 000 | 13,7% |
38 | El sacrificio | 18 de xuño de 2013 | 2 705 000 | 13,7% |
39 | Cólera | 25 de xuño de 2013 | 2 625 000 | 14,9% |
Estreas internacionais[editar | editar a fonte]
Gran Hotel emítese en varios países. A serie é a mesma pero foi dobrada en diferentes idiomas.
País | Cadea | Data da estrea | Título |
---|---|---|---|
![]() |
Téva M6 |
1 de xuño de 2012 4 de xullo de 2012 |
Grand Hôtel |
![]() |
LNK | 8 de xuño de 2013 | Viešbutis "Grand Hotel" |
![]() |
3.TV | 13 de xuño de 2012 | Grand Hotel |
![]() |
Domashniy | 11 de xuño de 2012 | Гранд отель |
![]() |
Sinema TV Aksiyon | 1 de abril de 2013 | Grand Hotel |
Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]
Premios Ondas[editar | editar a fonte]
Ano | Categoría | Premiado | Resultado |
---|---|---|---|
2012 | Mellor intérprete feminina en ficción nacional | Concha Velasco | Gañadora |
Premios Iris[editar | editar a fonte]
Ano | Categoría | Premiado | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Mellor programa de ficción | Nomeado | |
Mellor actriz | Concha Velasco | Gañadora | |
Mellor director de fotografía e iluminador | Jacobo Martínez | Gañador | |
Mellor director de arte e escenografía | Carlos de Dorremochea | Gañador | |
Mellor maquillaxe, peiteado e carecterización | Montse Boqueras e Mara Collazo | Nomeadas | |
2012 | Mellor ficción | Nomeada | |
Mellor actriz | Adriana Ozores | Gañadora | |
Mellor director de arte e escenografía | Carlos de Dorremochea | Nomeado |
Premios TP de Ouro[editar | editar a fonte]
Ano | Categoría | Premiado | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Mellor serie nacional | Nomeada | |
Mellor actriz | Amaia Salamanca | Nomeada |
Premios Fotogramas de Prata[editar | editar a fonte]
Ano | Categoría | Premiado | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Mellor actor de televisión | Yon González | Gañador |
2012 | Mellor actriz de televisión | Concha Velasco | Nomeada |
Premios da Unión de Actores[editar | editar a fonte]
Ano | Categoría | Premiado | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Mellor actriz protagonista de televisión | Adriana Ozores | Nomeada |
2012 | Mellor actriz protagonista de televisión | Adriana Ozores | Gañadora |
Mellor actriz secundaria de televisión | Concha Velasco | Gañadora | |
Luz Valdenebro | Nomeada |
Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]
Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2013 | Mellor director | Carlos Sedes | Nomeado |
Mellor actor secundario | Pedro Alonso | Nomeado | |
Mellor actriz secundaria | Marta Larralde | Nomeada | |
Mellor serie de televisión | Bambú Producciones | Nomeado | |
Mellor montaxe | Julia Juanatey | Nomeada |
Premios Zapping[editar | editar a fonte]
Ano | Categoría | Premiado | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Mellor serie nacional | Nomeada | |
2012 | Mellor actor | Fele Martínez | Nomeado |
Mellor actriz | Concha Velasco | Gañadora |
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
2012 | Premio 'Pasión de Críticos' ao Mellor produto do ano | Gañadora[1] |
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
2013 | Premio Estela á Mellor serie de televisión nacional | Gañadora[2] |