Bajo sospecha
| Bajo sospecha | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Xénero
| |
|
Lingua orixinal
| |
|
Lingua
| |
|
Composto por
| |
| Autoría | |
| Publicación | |
|
País de orixe
| |
|
Emisora orixinal
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Data de comezo
| |
|
Data de remate
| |
| Dimensións | |
|
Número de episodios
| |
|
Número de tempadas
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata |
Bajo sospecha é unha serie de televisión dramática española producida por Atresmedia en colaboración con Bambú Producciones para a súa emisión en Antena 3. A súa estrea foi o 17 de febreiro de 2015. Está protagonizada por Yon González, Blanca Romero e Lluís Homar.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Narra a investigación dos dous policías designados a un caso, Víctor (Yon González) e Laura (Blanca Romero), e o seu superior, o comisario Casas (Lluís Homar). O día da súa primeira comuñón, Alicia Vega, unha nena de 7 anos, desaparece sen deixar rastro. Tras dúas semanas de intensa busca, a policía só ten unha cousa en claro: o culpable é un dos convidados á cerimonia e membro da familia da nena. Os axentes Víctor e Laura fanse pasar por matrimonio e infíltranse en Cienfuegos co obxectivo de achegarse á familia Vega e ao resto de sospeitosos. Mentres eles os dous permanecen na sombra, o comisario Casas é a parte oficial da investigación e a única persoa que coñece a verdadeira identidade dos seus axentes infiltrados.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Principais
[editar | editar a fonte]- Yon González como Víctor Reyes / Víctor Lago Sánchez, policía infiltrado como camareiro no restaurante dos Vega.
- Blanca Romero como Laura Cortés / Laura González Sampietro, policia infiltrada como profesora no colexio.
- Lluís Homar como Casas, o comisario, pai de Victor.
- Pedro Alonso como Roberto Vega Sánchez, pai de Alicia.
- Alicia Borrachero como Carmen Castro, nai de Alicia.
- Armando del Río como Andrés Vega Sánchez, tío de Alicia.
- María Cotiello como Begoña Valverde, tía de Alicia.
- José Ángel Egido como Germán Vega, avó de Alicia.
- Gloria Muñoz como Pilar Sánchez, avoa de Alicia.
- Melani Olivares como Inés Vega Sánchez, tía de Alicia.
- Vicente Romero como Rafael Vidal, oficial xefe da policía de Cienfuegos.
- Jordi Aguilar como Juan Bosco, ten un atraso mental leve, é empregado do restaurante e amigo da familia Vega.
- Georgina Amorós como Emilia "Emi" Vega Castro, irmá máis vella de Alicia.
- Pau Roca como Eduardo Castro, irmán de Carmen, ten un quiosco.
- Natalia de Molina como Leticia "Leti", caixeira de supermercado, noiva de Eduardo.
- Aroa Palacios como Alicia Vega Castro, a nena desaparecida.
- Roger Padilla como Pablo Vega Castro, irmán xemelgo de Alicia.
- Berta Castañé como Nuria Vega Valverde, curmá de Alicia.
- Manuel Regueiro como Ricardo Esparza, director do colexio.
- David Solans como Óscar Vidal, noivo de Emilia.
Episódicos
[editar | editar a fonte]- Benito Sagredo como Carlos, noivo de Laura.
- Celia Freijeiro como Silvia López, profesora do colexio.
- Mariana Cordero como Doña Catalina Fernández, profesora dos nenos ata a desaparición de Alicia.