Las chicas del cable é o título dunha serie de televisión, producida pola galega Bambú Producciones. Foi a primeira serie de Netflix producida en España.[1] As personaxes protagonistas están representadas por Blanca Suárez, Nadia de Santiago, Ana Fernández García e Maggie Civantos. A historia ambiéntase en Madrid entre os anos 1920 e 1930. A súa estrea foi o 28 de abril de 2017.[2] O 31 de maio dese ano confirmouse unha segunda temporada que saíu o 25 de decembro de 2017 e unha terceira, estreada o 7 de setembro de 2018.
A trama xira en torno ás relacións persoais e profesionais de catro rapazas. Lidia, que é unha estafadora, oculta a súa identidade para escapar do seu pasado, o que a leva a traballar na compañía telefónica nacional co obxectivo de roubar os planos do edificio. Será na compañía onde coñeza as súas compañeiras; Carlota, filla dun coronel, quere acabar coas normas impostas polos seus pais; Marga, a quen a avoa a mandou a Madrid para sañir da aldea; e Ángeles, a máis veterana da empresa, que quere conseguir un ascenso, pero a quem o home lle porá difícil tomar certas decisións.
A trama vira arredor das relacións amorosas e profesionais. Lidia sincérase coas amigas e explica a súa delicada situación persoal. As amiga deciden axudala para acabar coa extorsión. Ao final, a falsa identidade de Lidia acaba sendo descuberta por todos, mentres que os planos que roubaron están con Carlota.
A nivel amoroso, Lidia acepta a petición de matrimonio de Carlos. Carlota, Sara e Miguel teñen problemas na súa relación poliamorosa. Por último, Ángeles dubida se darlle unha nova oportunidade ao seu home.
Os premios que gañou a serie foron os seguintes: un Premio Ondas á mellor webserie de ficción ou programa de emisión online en 2017, un Premio Platino entregado a Blanca Suárez á Mellor interpretación feminina en miniserie de televisión en 2018 e un Premio da Unión de Actores entregado a Ana Polvorosa pola Mellor actriz secundaria de televisión en 2018.
A serie tamén estivo nomeada aos Premios Feroz e noutras categorías dos Premios Platino, pero non conseguiu gañalos.