Bergara
| Vergara (es) Bergara (eu) | ||||
| Alcume | mokoluak e sagarerriak | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | País Vasco | |||
| Provincia | Guipúscoa | |||
| Comarca | Debagoiena | |||
| Capital | Bergara (en) | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 14.404 (2025) | |||
| Lingua oficial | lingua éuscara (lingua predominante) lingua castelá | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 75,97 km² | |||
| Altitude | 110 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Creación | 1268 | |||
| Santo padrón | Roque de Montpellier | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 20570/20578/20579/20580 | |||
| Fuso horario | ||||
| Código INE | 20074 | |||
| Sitio web | bergara.eus | |||

Bergara (en castelán Vergara) é un concello da provincia de Guipúscoa, País Vasco, pertencente á comarca de Debagoiena. Conta cunha poboación de 14.853 habitantes (2006).[1] A extensión do termo municipal é de 75,97 km², cunha densidade de poboación de 195,52 hab./km². A súa altitude é de 110 msnm.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Bergara considerouse historicamente como a capital de Debagoiena. A súa situación no cruzamento de camiños entre a vía de comunicación da costa cantábrica coa meseta castelá, pola que se exportaba a la, e as rotas que se internaban en Guipúscoa, por Oñati, Elgeta e Zumarraga, e en Biscaia, por Elorrio, favoreceu o seu crecemento e a súa riqueza económica. Coa irrupción da industria a finais do século XIX e principios do XX, Bergara converteuse nun importante centro fabril centrado nas industrias téxtil e metalúrxica. A produción téxtil chegou a ser tan importante e característica que ao azul mahón se lle chamou "azul bergara".
Nos libros escolares de Historia de España, o nome da vila aparece na expresión o abrazo de Bergara. No século XIX Bergara aparece nas turbulencias das dúas primeiras Guerras Carlistas, onde se chegou a loitar nas súas rúas. O 31 de agosto de 1839 asínase en Bergara o tratado de paz que poría fin á Primeira Guerra Carlista no norte. O tratado foi asinado polos xenerais Rafael Maroto e Baldomero Espartero, os cales se abrazaron, polo que dito feito coñécese como o abrazo de Bergara. O lugar, que se chamaba Aseurrunz-bide azpiko soluase, pasou a denominarse Campo del Abrazo ou Campo del Convenio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.ine.es/inebase/cgi/axi Arquivado 28 de setembro de 2008 en Wayback Machine. Cifras de poboación referidas ao 01/01/2006. Real Decreto 1627/2006, de 29 de dicembro.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bergara |
