Yomo Toro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yomo Toro
El Rey del Cuatro.jpg
Nacemento26 de xullo de 1933
Lugar de nacementoPorto Rico
Falecemento30 de xuño de 2012
Lugar de falecementoBronx
Causainsuficiencia renal
SoterradoSaint Michael's Cemetery
NacionalidadePorto Rico
Ocupacióncompositor e músico de jazz
Na rede
IMDB: nm2681775 Musicbrainz: 5de00c0e-9a8d-4152-b3f4-26f5a74c17d9 Songkick: 240910 Discogs: 320516 Allmusic: mn0000589044 Find a Grave: 93063829 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Víctor Guillermo Toro Vega ou Yomo Toro, nado en Guánica (Porto Rico) o 26 de xullo de 1933, é un músico coñecido por ser un dos primeiros en usar o cuatro, instrumento de cinco cordas dobres da familia da guitarra,[1] na música Salsa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aprendeu o manexo do cuatro á idade de seis anos, motivado polo seu pai, quen tocaba xa o tocaba. Con quince anos tocaba na súa escola con tres compañeiros nun grupo chamado "La Bandita de la Escuela". Comezou a súa carreira profesional tocando para "Bury Caban y los 4 Ases" xunto con Tito Lara. Tamén tocou con José Antonio Salemán, con "El Trío Universitario de San Juan", "Los Antares" e mais con Felipe Rodríguez. Gravou con Larry Harlow, Willie Colón e a formación musical Fania All-Stars. Viaxou en diversas ocasións ao Xapón, Europa e moitas outras partes do mundo tocando o catro, o instrumento nacional de Porto Rico.

Fixo varias gravacións co seu propio grupo para a compañía discográfica Polygram Records. Unha das súas cancións máis exitosas foi "Funky Jibaro".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aínda que é certo que nas súas orixes o cuatro estivo composto por catro órdenes de cordas dobres, o cuatro actual este formado por cinco ordes de cordas dobres con afinacion (de agudo a grave) sol re la mi si

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]