Saltar ao contido

Yohl Ik'nal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYohl Ik'nal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VI Editar o valor en Wikidata
Morte7 de novembro de 604 Editar o valor en Wikidata
Ajaw de Palenque
23 de decembro de 583 – 4 de novembro de 604
← Kan Bahlam IAj Ne' Ohl Mat → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónraíña rexente (583–), política Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAj Ne' Ohl Mat Editar o valor en Wikidata

Yohl Ik'nal, IxYohl Ik'nal ou Ix Ohl Ik’nal, n. ? e f. 4 ou 7 de novembro de 604, foi unha ahau do señorío de B'aakal, cuxa cidade capital era Lakam Ha', hoxe coñecida como a zona arqueolóxica maia de Palenque. Gobernou do ano 583 ó 604. Debido a que inicialmente os epigrafistas utilizaron o maia iucateco para descifrar os glifos maias, tamén foi coñecida como Señora Kan Ik ou Señora K'anal Ik'nal (Kanal-Iknal). No presente, utilízase a lingua ch’ol pois comprobouse que é máis semellante á lingua maia clásica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu nome en lingua maia clásica significa Corazón do Sitio do Vento ou Señora Corazón do Sitio do Vento, moi probablemente foi filla do seu antecesor Kan Bahlam I, aínda que tamén existe a posibilidade de que fose o seu irmán. De acordo á conta longa do calendario maia ascendeu ó trono o 9.7.10.3.8 9 lamat 1 muwan, é dicir o 23 de decembro de 583.[1]

Durante o seu reinado foi atacada por Uneh Chan, ahau do señorío de Kaan, cuxa sede foi Calakmul (aínda que probablemente entón a súa sede estaba en Dzibanché). De acordo ós xeroglíficos maias da escalinata da casa “C”, rexistrouse unha forte batalla e derrota na data 9.8.5.13.8 6 lamat 1 zip, é dicir, o 21 de abril de 599.[2] A pesar do sometemento, o cal obrigou ós palencanos a pagar tributo, Yohl Ik'nal seguiu gobernando até a súa morte, a cal ocorreu o 4 ou 7 de novembro de 604 ou 9.8.11.6.12 2 eb 0 mak.[3][4]

Outra parte da historia do goberno de Yohl Ik'nal atópase descrita no taboleiro de K'an Tok (Lugar da Nube Preciosa), o seu retrato atópase tallado en altorrelevo en dous lados do sarctego do seu bisneto Pakal “o Grande”.[5][6] De acordo ás inscricións do lintel 4 da estrutura 6 de Bonampak, esta cidade tamén atacou a Lakam Ha' o 9.8.9.15.11 7 chuen 4 zotz (16 de maio de 603), cando aínda gobernaba Yol Ik'nal, mais non existen evidencias de que Palenque fose sometido, é posible que esa inscrición se refira a un lugar próximo ó oeste de Bonampak, preto de Ocosingo cuxo nome moderno é Lacanja.[7]

Yohl Ik'nal foi descendente directa de K'uk' Bahlam I. Porén, ó rachar a liña de sucesión patrilineal, os diferentes grupos de nobres e xefes de liñaxes deberon estabelecer acordos para unxir ós seus posibles herdeiros, ese foi o caso do seu bisneto Pakal “o Grande”, quen ascendería ó trono en 615.[8][9] É posible que o seu sucesor, Aj Ne' Ohl Mat, sexa o seu primeiro fillo, e que, ademais, teña outro fillo de nome Janaab' Pakal, quen non gobernou, pero puido ser pai de Sak K'uk' e avó de Pakal “o Grande”.[10]

  1. Skidmore, 2008; 39
  2. Skidmore, 2008; 48
  3. Florescano, 2009; 235
  4. Skidmore, 2008; 51
  5. Skidmore, 2008; 50
  6. Skidmore, 2008; 52
  7. Skidmore, 2008; 49-50
  8. Skidmore, 2008; 53
  9. Florescano, 2009; 236-237
  10. Skidmore, 2008; 54

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]