K'inich Janaab' Pakal II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
K'inich Janaab' Pakal II
Gobernante de Palenque
Palenque Relief.jpg
K'inich Janaab' Pakal II, nun relevo de Palenque.

Reinadoc. 742
PredecesorK'inich Ahkal Mo' Nahb III
SucesorK'inich Kan Bahlam III

K'inich Janaab Pakal II.svg

Upakal K'inich Janaab' Pakal ou Upakal K'inich foi un ahau ou gobernante maia do ajawlal ou señorío de B'aakal, cuxa sede era Lakam Ha', no presente coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque, no actual estado mexicano de Chiapas. É coñecido tamén como K'inich Janaab Pakal II. O seu nome foi traducido como Escudo do Deus Sol. Son moi poucos os datos que se coñecen deste ahau, é probable que durante o seu goberno, confirmado no ano 742, Palenque pasase por unha época de tribulacións.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Son moi poucos os rexistros que se atoparon sobre este personaxe e sobre a época do seu reinado. Considerouse que foi fillo do seu antecesor, K'inich Ahkal Mo' Naab III, mais algúns estudosos, entre eles, David Stuart e Simon Martin, coidan que é máis probable que sexa o seu irmán.[1][2] De acordo ás inscricións do taboleiro de K'an Tok, Upakal K'inich Janaab' Pakal realizou unha cerimonia na data da conta longa 9.15.10.10.13 (ano 742) que só podería efectuar unha alto xerarca da nobreza de Palenque.[3]

No taboleiro do Templo XXI, atópase tallada unha escena imaxinaria que retrata a tres personaxes: no centro atópase K'inich Janaab' Pakal, á esquerda K'inich Ahkal Mo' Naab III e á dereita Upakal K'inich Janaab' Pakal.[4] No taboleiro de estuco da columna do Templo XIX existe outra representación da súa imaxe.[5]

Sábese que durante o goberno de Upakal K'inich, unha nobre de Palenque, Ix Chak Nik Ye' Xook, viaxou a Copán para contraer matrimonio. Deste matrimonio concertado para crear lazos políticos naceu o décimo sexto gobernante de Copán, Yax Pasaj Chan Yopaat.[6] É posible que Upakal K'inich goberne até o ano 750, pero descoñécese a data da súa morte.[7] De acordo ás inscricións atopadas en Palenque o seu seguinte sucesor é K'inich K'uk' B'alam II, mais descubriuse unha inscrición en Pomoná, datada no ano 751, que refire a un gobernante de Palenque chamado K'inich Kan B'alam. A pesar de que só existe esta única referencia, para distinguilo coas súas homónimos anteriores, identificouna como K'inich Kan B'alam III.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Grube, 2006; 457
  2. Skidmore, 2008; 84
  3. Stuart, 2010; 155-156
  4. Stuart, 2010; 39
  5. Stuart, 2010; 54
  6. Skidmore, 2008; 83
  7. Florescano, 2009; 235
  8. Skidmore, 2008; 88

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]