Saltar ao contido

K'an Joy Chitam I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaK'an Joy Chitam I

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de maio de 490 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte8 de febreiro de 565 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Ajaw de Palenque
6 de febreiro de 529 – 6 de febreiro de 565
← Ahkal Mo' Nahb IAhkal Mo' Nahb II → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata

K'an Joy Chitam I, nado o 3 de maio de 490 e finado o 6 de febreiro de 565 foi un ahau maia do señorío de B'aakal, cuxa cidade capital era Lakam Ha', hoxe coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque. É tamén coñecido como Hok, Kan Xul I ou K'an Hok' Chitam I. As propostas para a tradución do seu nome son Pecarí Amarelo Atado ou Precioso Mozo Pecarí.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De acordo á conta longa do calendario maia naceu o 9.2.15.3.8 12 lamat 6 uo, é dicir, o 3 de maio do ano 490. O 14 de novembro de 496, cando tiña cinco anos e medio de idade, participou nunha cerimonia na cal se lle outorgou un título de nobreza —que lle correspondía por herdanza— nun lugar chamado Toktahn, cuxa localización aínda non foi identificada.[2] Dende a morte do seu antecesor até o seu entronización existe un período de interregno que durou pouco máis de catro anos. K'an Joy Chitam I ascendeu ó poder o 9.4.14.10.4 5 k'an 12 kayab, é dicir, o 6 de febreiro de 529, cando contaba con 39 anos de idade.[3]

No taboleiro oriental do Templo das Inscricións, existen rexistros que sinalan que Joy Chitam I realizou ofrendas ós seus deuses —moi probablemente autosacrificios de sangue— nos anos 534, 554 e 564, que na conta longa corresponden ós rexistros 9.5.0.0.0, 9.6.0.0.0 e 9.6.10.0.0 respectivamente.

Despois de gobernar durante trinta e seis anos, Joy Chitam morreu o 9.6.11.0.16 7 kib 4 kayab, é dicir, o 6 de febreiro de 565. Un retrato de K'an Joy Chitam I atópase tallado en altorrelevo na cara occidental do sartego de Pakal “o Grande”.[4]

  1. Skidmore, 2008; 27
  2. Skidmore, 2008; 26
  3. Florescano, 2009; 235
  4. Skidmore, 2008; 30

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]