Ahkal Mo' Nahb I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ahkal Mo' Nahb I
Gobernante de Palenque
Glifo Ahkal Mo' Naab I en tablero del Templo XVII.jpg
Glifo de Ahkal Mo' Nahb I no taboleiro do Templo XVII.

Reinado3 de xuño de 50129 de novembro de 524
Nacemento5 de xullo de 465
Falecemento29 de novembro de 524 (59 anos)
PredecesorB'utz Aj Sak Chiik
SucesorK'an Joy Chitam I

Ahkal Mo' Nahb' I ou Ahku'l Mo' Naab' I, nado o 5 de xullo de 465 e finado o 29 de novembro de 524, foi un ahau da cidade estado maia de Palenque. É tamén referido como Chaacal I ou Akul Anab I. A tradución ou interpretación do seu nome foi proposta como Lago da Tartaruga Guacamaia.[1]

Rexistros biográficos[editar | editar a fonte]

Naceu o 9.1.10.0.0 5 ajau 3 tzec da conta longa do calendario maia, é dicir, o 5 de xullo de 465. Foi entronizado o 9.3.6.7.17 5 kaban 0 zotz (3 ou 5 de xuño de 501) e gobernou até a súa morte, a cal ocorreu o 9.4.10.4.17 5 kaban 5 mak (29 de novembro de 524).[2] Ahkal Mo' Naab' I foi o primeiro gobernante de Palenque cuxas datas exactas de nacemento, entronización e morte foron verificadas.

Posiblemente era o irmán menor do seu predecesor inmediato, B'utz Aj Sak Chiik, con quen é mencionado no taboleiro do Templo XVII. Por razóns descoñecidas Ahkal Mo' Nahb' I é referido varias veces nos informes oficiais que deixou Pakal “o Grande”, quen gobernou Palenque un século despois, polo que se cre que o considerou unha figura histórica moi importante. Parte da historia e nome de Ahkal Mo' Nahb' I atópase descrita no sartego de Pakal e no taboleiro do Templo da Cruz.

Debido á evidencia atopada no sitio arqueolóxico de Tortuguero, crese que Ahkal Mo' Nahb' I estendeu o poderío do señorío de Palenque —coñecido polos maias como B'aakal (Lugar do Óso)— cara ás zonas do actual estado de Tabasco no ano 510, estabelecéndose alí unha póla da dinastía da cidade de Palenque —a cal era chamada polos maias Lakam Ha' (Lugar das Grandes Augas).[3] O retrato de Ahkal Mo' Nahb' I atópase representado iconograficamente na cara oriental do sartego de Pakal “o Grande”, identificándose por unha guacamaia no tocado da súa cabeza.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Skidmore, 2008; 20
  2. Florescano, 2009; 235
  3. Skidmore, 2008; 24
  4. Skidmore, 2008; 25

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]