Ahkal Mo' Nahb II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ahkal Mo' Nahb II
Gobernante de Palenque
Glifo de Ahkal Mo' Naab' II no taboleiro do Templo da Cruz en Palenque.

Reinado2 de maio de 56521 de xullo de 570
Nacemento3 de setembro de 523
Falecemento21 de xullo de 570 (46 anos)
PredecesorK'an Joy Chitam I
SucesorKan Bahlam I

Ahkal Mo' Nahb' II ou Ahku'l Mo' Naab' II, nado o 3 de setembro de 523 e finado o 21 de xullo de 570, foi un ahau do señorío de B'aakal, cuxa cidade capital era Lakam Ha', hoxe coñecida como a zona arqueolóxica maia de Palenque. É tamén referido como Chaacal II ou Akul Anab II.[1] A tradución ou interpretación do seu nome foi proposta como Lago da Tartaruga Guacamaia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi neto de Ahkal Mo' Nahb I, e nalgunhas inscricións é chamado así: ou mam Ahkal Mo' Nahb (o neto de Ahkal Mo' Naab'). De acordo á conta longa do calendario maia naceu o 9.4.9.0.4 7 k'an 17 mol, é dicir, o 3 de setembro do ano 523. Ascendeu ó poder cinco días despois da morte do seu antecesor, o 9.6.11.5.1 1 imix 4 zip, é dicir, o 2 de maio de 565.[2]

Os datos da súa vida están escritos no taboleiro do Templo da Cruz e no sarcófago de Pakal “o Grande”. Só gobernou cinco anos, morreu o 9.6.16.10.7 9 manik 5 yaxkin, é dicir, o 21 de xullo de 570. Foi sucedido por Kan Bahlam I, quen moi probablemente era o seu irmán.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Skidmore, 2008; 31
  2. Florescano, 2009; 235
  3. Skidmore, 2008; 33

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]