Kan Bahlam I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Kan Bahlam I
Gobernante de Palenque
Glifo de K'an Balam I.jpg
Variante do glifo maia empregado para identificar a Kan Bahlam I no taboleiro do Templo da Cruz en Palenque.

Reinado6 de abril de 5721 de febreiro de 583
Nacemento18 de setembro de 524
Falecemento1 de febreiro de 583 (58 anos)
PredecesorAhkal Mo' Nahb II
SucesorYohl Ik'nal

Kan Bahlam I ou Kan Balam I, nado o 18[1] ou 20 de setembro[2] de 524  e finado o 1 ou 3 de febreiro de 583, foi un ahau maia que gobernou a cidade estado de Palenque do ano 572 ao ano 583. É coñecido tamén como Chan Bahlum I en maia iucateco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu nome en lingua maia clásico significa Serpe Xaguar ó cal nalgúns glifos maias se lle engade o apelativo de k'inich que significa radiante como un elemento honorífico con referencia ó Deus Sol, é dicir K'inich Kan Bahlam I ou Radiante Serpe Xaguar. De acordo á conta longa do calendario maia naceu o 9.4.10.1.5 11 chickchan 13 chen, ascendeu ó trono o 9.6.18.5.12 10 eb 0 wo, equivalente ó 6 de abril de 572, cando tiña 47 anos de idade.[3]

É moi probable que sexa fillo de K'an Joy Chitam I[4] e irmán menor do seu antecesor no trono Ahkal Mo' Naab' II, quen morreu inesperadamente o 21 de xullo de 570. Antes de que Kan B'alam I ascendese ó trono rexístrase un período de 624 días de interregnum.[5] O seu reinado atópase descrito na parede oriental do Templo das Inscricións. É tamén referido no lado occidental do sarcófago de Pakal "o Grande", onde se pode ver a súa representación iconográfica en altorrelevo, distíndose polo seu glifo e polo seu tocado, o cal é parte serpe e parte xaguar.[6] Tras gobernar once anos, Kan B'alam morreu o 9.7.9.5.5 11 chikchan 3 kayab.[7]

Crese que a súa sucesora, Yohl Ik'nal, era a súa filla, aínda que tamén é posible que sexa a súa irmá.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Florescano, 2009; 235
  2. Tiesler, 2004; 192
  3. Skidmore, 2008; 33
  4. Skidmore, 2008; 35
  5. Tiesler, 2004; 244
  6. Skidmore, 2008; 36 e 38
  7. Skidmore, 2008; 37

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]