Casper (gobernante maia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
"Casper"
Gobernante de Palenque
Glifo maya de Casper en el tablero del Templo de la Cruz (2).jpg
Glifo maia que amosa a Casper no taboleiro do Templo da Cruz en Palenque.

Reinado9 de maio de 435487
Nacemento8 de agosto de 422
487
PredecesorK'uk' Bahlam I
SucesorB'utz Aj Sak Chiik

“Casper”, nado o 8 de agosto de 422 e finado en 487, foi un ahau maia do señorío de B'aakal, cuxa cidade sede foi Lakam Ha', no presente coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque. Tamén é coñecido como 11 Coello ou como Ch'aaj K'ik'.[1] Gobernou do ano 435 ó 487.[2]

Nome e rexistros biográficos[editar | editar a fonte]

Debido a que non se puido descifrar o glifo maia que representa o seu nome, foi alcumado “Casper” polos arqueólogos Floyd Lounsbury[3] e Linda Schele[4] como a banda deseñada Casper debido á semellanza que ten o glifo coa caricatura dunha pantasma. Eric S. Thompson suxeriu o nome Xipe porque o asociaba coa pel desollada do deus mexica Xipe Tótec, mentres que Alfonso Morais Cleveland e Merle Greene Robertson suxeriron o nome de Manatí polo parecido do glifo a devandito mamífero acuático. De acordo á conta longa do calendario maia naceu o 8.19.6.8.8 11 lamat 6 xul, é dicir, o 8 de agosto de 422. É pola súa data de nacemento que se lle chamou tamén 11 Coello, pois a correlación co calendario mexica sería precisamente 11 tochtli ou coello. Finalmente, o epigrafista Guillermo Bernal Romero, de acordo ás súas investigacións no taboleiro de K'an Tok, suxeriu que o verdadeiro nome deste gobernante era Ch'aaj K'ik'.

Ascendeu ó trono na data 8.19.19.11.17 2 kaban 10 xul, é dicir, o 9 de agosto de 435, cando só contaba con trece anos de idade. O seu reinado estendeuse por máis de cincuenta anos, até o ano da súa morte, a cal ocorreu no 487. Atopouse unha vasilla feita de calcaria cárstica que leva o seu nome coa inscrición: yuk’ib ch’ok ch’a-? k’uhul baakal ajaw o que significa «a copa do príncipe “Casper”, divino señor de B'aakal», o cal confirma que os maias chamaban á cidade estado de Palenque co nome de B'aakal, cuxo signficado é Óso ou Lugar do Óso.

Existen rexistros no templo XVI, no taboleiro de K'an Tok, que indican que no ano 445 (3 muluk 17 muwan), levou a cabo unha cerimonia na cal “Casper” designou ó seu irmán menor, K'ahk' Chaahk, como un nahb'atow-il.[5] O nahb'atow-il era un cargo de relevancia cuxa función primordial era asistir ó ahau, e ós seus fillos, durante os rituais de autosacrificio de sangue, así como gobernar un lugar foráneo chamado K'an Tok (Lugar da Nube Preciosa). No señorío de B'aakal, os maias chamaron Lakam Ha' (Lugar das Grandes Augas) ó sitio onde vivían os seus gobernantes, hoxe coñecido como a zona arqueolóxica de Palenque.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vega, 2009; 207
  2. Florescano, 2009; 235
  3. Skidmore, 2008; 14
  4. Marken, 2007; 227
  5. Marken, 2007; 303

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]