Janaab' Pakal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJanaab' Pakal
Biografía
Nacementoséculo VI Editar o valor em Wikidata
Mortemarzo de 612 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Ahau de Palenque (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosSak K'uk', K'inich Janaab' Pakal, neto ou neta Editar o valor em Wikidata

Janaab' Pakal, finado o 9 de marzo de 612, foi un nobre maia do señorío de B'aakal, cuxa cidade capital era Lakam Ha', hoxe coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque. En ocasións é erroneamente referido como Pakal I, sen motivo algún, pois non chegou a ser ahau de Palenque.[1] Algúns epigrafistas, como Peter Mathews, optaron por referirse a este personaxe como Pakal “o Vello”.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Moi probablemente foi fillo de Yohl Ik'nal e irmán máis novo de Aj Ne' Ohl Mat.[3] Exerceu un cargo secundario (ti'sakhuun) do 608 ó 610, este último ano foi nomeado yajawk' ahk' (señor do lume) atacando exitosamente o sitio de Santa Elena.[4] En abril de 611 o señorío de B'aakal foi derrotado polo señorío de Kaan, cuxa sede era Calakmul. Aínda que Janaab' Pakal e o seu irmán Aj Ne' Ohl Mat sobreviviron á derrota, ambos morreron poucos meses despois, o 6 de marzo e 8 de agosto do 612 respectivamente.[5]

Aj Ne' Ohl Mat, quen era o ahau do señorío, morreu sen descendentes. En 612, foi sucedido por Sak K'uk', quen moi probablemente era filla de Janaab' Pakal, quen á súa vez —tres anos máis tarde— entronizou ó seu fillo Pakal o Grande. O retrato de Janaab' Pakal (“o Vello”) atópase tallado en altorrelevo no lado occidental do sartego de Pakal “o Grande”, non así o de Aj Ne' Ohl Mat, posiblemente pola vergoña da derrota sufrida ante Calakmul.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stuart, 2010; 124, nota41: Janab Pakal non gobernou Palenque xamais, aínda que debeu ter un posto de autoridade nalgunha parte durante o reinado de Aj Neh Yohl Mat, quen era o "Señor Sagrado" de Palenque nesta época.
  2. Spencer, 2007; 68
  3. Skidmore, 2008; 56: Karen Bassie-Sweet suxeriu que Janaab' Pakal puido ter sido esposo de Yohl Ik'nal e ámbolos dous pais de Sak K'uk' (Skidmore, 2008; 57)
  4. Hull, 2012; 213
  5. Bernal, 2012; 3
  6. Skidmore, 2008; 63