Liñas temporais alternativas de Dragon Ball

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

No manga de Dragon Ball e no anime de Dragon Ball Z, amósasenos que existen varias liñas temporais e dimensións alternativas durante a saga dos androides.

Máis abaixo están as liñas temporais e os seus acontecementos. Ó lado de cada nome de personaxe hai un número que indica a dimensión á que pertence; se non hai ningún número, pertence á dimensión que se está a describir.

Orixe das liñas temporais[editar | editar a fonte]

As liñas temporais foron desencadeadas por mor da máquina do tempo. Cando os androides C-17 e C-18 mataron tódolos heroes da Terra (os Guerreiros Z), Bulma creou unha máquina do tempo para enviar Toranks para o pasado e atopar un xeito de destruílos androides ou de traer Son Goku para o futuro para destruílos alí. A historia amosounos, cando Toranks e Célula usaron a máquina, que neste universo as liñas de tempo son inmutábeis: é dicir, que mudando sucesos no pasado non acontecen consecuencias no futuro, xa que ámbolos dous momentos pertencen a liñas temporais distintas.

Liña temporal 1: Principal[editar | editar a fonte]

Esta é a liña temporal principal na cal a serie Dragon Ball ocorre e finalmente nos conduce á saga de Boo. Hai dous viaxeiros temporais/dimensionais que interfiren con esta liña temporal: Toranks da liña temporal 2 e Célula da liña temporal 3.

  • Célula3 chega do futuro en forma de ovo. El sae do ovo e cava para se desenvolver.
  • Freezer Cyborg e o seu pai, o Rei Cold, chegan á Terra para se vingar de Son Goku. Pero Toranks2 que aparece dende o futuro mátaos. Logo Toranks coñece Son Goku cando chega ó planeta e dálle unha menciña para o corazón; e tamén advirte os Guerreiros Z sobre os androides, que chegarán dentro de 3 anos; antes de retornar para o seu futuro.
  • Nos seguintes anos os Guerreiros Z realizarán un intenso adestramento, Toranks1 nace.
  • O Doutor Guero (tamén coñecido coma C-20) e o C-19 loitan cos Guerreiros Z. Son Goku, que non tomou a menciña de Toranks, ponse doente durante o seu combate co androide 19. Vexeta chega e asume o control, destruíndoo, mentres que Son Goku é levado para a casa onde se lle dá a súa menciña. O Dr. Guero foxe.
  • Toranks2 retorna a esta liña temporal e atopa o destruído androide 19, un robot que el nunca vira antes. Comeza a coidar que esta liña temporal comeza a se bifurcar bastante da súa.
  • O Dr. Guero escapa de novo para o seu laboratorio e esperta C-17 e C-18 quen logo proceden a matalo. Ademais activan o C-16.
  • Os Guerreiros Z son derrotados por C-17 e por C-18, pero non morre ninguén.
  • Atópase a máquina do tempo de Toranks da liña temporal 3 (usada por Célula3), xunto coa pel mudada de Célula.
  • Célula3, agora crecido completamente, comeza a arrasar cidades e a absorber xente para eleva-lo seu poder.
  • Piccoro fusiónase con Kamisama e loita contra Célula3. Célula di a Piccoro quen é el, porque está aquí e como deu chegado a esta liña temporal. Despois Célula escapa xa que Toranks2 e Krilín chegaban para axudar Piccoro.
  • Piccoro busca o Célula3 mentres que Toranks2 e Krilín van ó laboratorio subterráneo do Dr. Guero e o destrúen o Célula1 mentres aínda se está a xestar. Alén diso, Toranks atopa os planos dos androides e dállos a Krilín para que llos leve a Bulma.
  • Para chegar a ser máis forte, Vexeta e Toranks2 adestran na Sala do Espírito e do Tempo.
  • Piccoro, incapaz de atopar Célula, enfróntase ós androides. Decide tentalos destruír para evitar que Célula os poida absorber e chegue a ser máis forte.
  • Durante a loita de Piccoro contra C-17, Bulma contacta con Krilín e dille que creou o dispositivo de parada en caso de emerxencia baseado nos planos do Dr. Gero. Ten un alcance de 10 metros polo que Krilín debe bulir para obtelo dispositivo de parada para desactivar e destruílos androides. Célula3 detecta o aumento de ki de Piccoro e deduce que está a loitar cos androides; polo que vai para alí para absorbe-los androides e completa-lo seu desenvolvemento.
  • Célula3 interrompe a loita de Piccoro e C-17, axiña se desfai do namekiano e está a piques de absorbe-lo C-17, pero o androide 16 intervén. Célula e 16 loitan estando bastante parellos, pero ó final Célula dá un ataque sorpresa que lle permite absorber o C-17 e ser un Célula semi-perfecto. Célula dana doadamente dun xeito crítico o androide 16 e vai absorber C-18 pero é parado temporalmente por Ten Shin Han, permitindo que escapen os dous androides. Son Goku chega rapidamente á escena e rescata Piccoro e Ten Shin Han antes de se retirar de novo.
  • Vexeta e Toranks saen da Sala do Espírito e do Tempo, deixando que Son Goku e Son Gohanda entren. Vexeta loita contra Célula e domina claramente o combate. Mentres eles loitan, Krilín achégase a C-18 co dispositivo de parada, pero é cativado pola fermosa androide e destrúe o dispositivo. Vexeta axiña se fai arrogante co seu poder e dá a Célula permiso para absorber C-18 para que así acade a súa forma perfecta.
  • Célula atopa C-18 e absórbea, dando o Célula Perfecto; e daquela derrota Vexeta e Toranks. Célula decide levar a cabo un torneo (o Cell Game) en 10 días para proba-las súas novas habilidades.
  • Son Goku e Gohan saen da Sala do Espírito e do Tempo. Toranks, Vexeta e Piccoro usarán a sala antes de que comece o torneo. Son Goku recruta Dende para que sexa o novo Deus da Terra e reactive as Bólas do Dragón.
  • O Torneo comeza e Son Goku loita con Célula. Son Goku réndese e escolle o seu fillo Son Gohanda coma o seguinte loitador.
  • Son Gohanda loita contra Célula e, despois de ser provocado e grazas á axuda do androide 16 transfórmase nun Súper Saiyan 2, dá un conxunto de puñadas a Célula, que fan que expulse C-18 e que volva á súa forma anterior.
  • Nesta forma, Célula pretende destruíla Terra auto destruíndose, pero Son Goku sacrifícase teletransportándoo da Terra para o planeta de Kaiō. Célula estoupa, matando Son Goku e Kaiō. Porén, de xeito milagreiro, o órgano rexenerativo de Célula fica intacto, permitíndolle rexenerarse totalmente. Célula retorna á Terra máis forte, e mata Toranks2, pero é derrotado por Son Gohanda.
  • Toranks2 é revivido por un desexo a Shenron e retorna para a súa liña temporal.
Para máis información sobre esta liña temporal ve-lo artigo Cronoloxía de Dragon Ball

Liña temporal 2: Toranks[editar | editar a fonte]

Esta é a liña temporal que pertence ó Toranks do futuro e que é representada nalgúns capítulos do manga. Nela, Toranks vai atrás no tempo para liña temporal principal e retorna con poder dabondo para matar ámbolos dous androides e Célula.

  • Freezer Cyborg e o Rei Cold chegan á Terra para se vingar de Son Goku, pero son matados por el.
  • Son Goku morre dunha doenza cardíaca, Toranks nace.
  • O Doutor Gero activa C-17 e C-18. Os androides mátano e logo proceden a matar tódolos Guerreiros Z agás Son Gohanda e Toranks.
  • Son Gohanda adestra Toranks, pero finalmente é matado polos androides. Toranks téntao vingar pero é mancado gravemente.
  • Bulma construi unha máquina do tempo para que Toranks poida ir ó pasado coa esperanza de atopar algún xeito de destruí-los androides. Toranks leva a menciña para cura-la doenza de corazón de Son Goku.
  • Toranks vai atrás no tempo e chega á liña temporal 1. Retorna despois de mata-lo Rei Cold1 e Freezer1, dando a Son Goku a menciña e avisando os Guerreiros Z sobre os androides.
  • Toranks vai atrás no tempo outra vez para axuda-los Guerreiros Z na liña temporal 1 a combate-los androides.
  • Toranks retorna dende a liña temporal 1 moito máis poderoso grazas ás súas batallas e adestramento que tivo alí. Así axiña atopa e mata os androides C-17 e C-18 con pouco esforzo.
  • Pasan tres anos e Toranks mata un recentemente xurdido Célula xa que sabía o seu plan de matalo e ir atrás no tempo.

Liña temporal 3: Célula[editar | editar a fonte]

Esta liña temporal segue o mesmo camiño cá liña temporal 2, pero diverxe no segundo retorno de Toranks dende o pasado xa que nesta liña temporal, Toranks retorna coas copias dos planos dos androides, e non sendo moito máis poderoso. Aínda que os androides foron destruídos, Toranks non tiña poder dabondo para combater contra Célula. Célula acaba matando Toranks e usando a súa máquina do tempo para ir atrás no tempo para atopa-los androides.

  • Freezer Cyborg e o Rei Cold chegan á Terra para se vingar de Son Goku, pero son matados por el.
  • Son Goku morre dunha doenza cardíaca, Toranks nace.
  • O Doutor Gero activa C-17 e C-18. Os androides mátano e logo proceden a matar tódolos Guerreiros Z agás Son Gohanda e Toranks.
  • Son Gohanda adestra Toranks, pero finalmente é matado polos androides. Toranks téntao vingar pero é mancado gravemente.
  • Bulma constrúe unha máquina do tempo para que Toranks poida ir ó pasado coa esperanza de atopar algún xeito de destrui-los androides. Toranks leva a menciña para cura-la doenza de corazón de Son Goku.
  • Toranks vai atrás no tempo e chega á liña temporal 4. Retorna despois de mata-lo Rei Cold4 e Freezer4, dando a Son Goku a menciña e avisando os Guerreiros Z sobre os androides.
  • Toranks vai atrás no tempo outra vez para axuda-los Guerreiros Z na liña temporal 4 a combate-los androides.
  • Toranks retorna dende a liña temporal 4 coas copias dos planos dos androides. Bulma úsaos para crear un dispositivo co que poder destruír ou desactiva-los androides.
  • Célula xorde e vendo que non están os androides, decide usa-la máquina do tempo de Toranks para ir atrás no tempo e atopa-los androides no pasado. Célula fai unha emboscada a Toranks e mátao, acadando a máquina do tempo e indo para a liña temporal 1 no pasado.

Liña temporal 4: Non vista[editar | editar a fonte]

Non se viu ningún personaxe nesta liña temporal. Esta é a liña temporal a onde foi Toranks3 e é a liña temporal 1 á que tería que ir Toranks, pero non Célula.

  • Freezer Cyborg e o Rei Cold chegan á Terra para se vingar de Son Goku. Pero Toranks3 que aparece dende o futuro mátaos. Logo Toranks coñece Son Goku cando chega ó planeta e dálle unha menciña para o corazón; e tamén advirte os Guerreiros Z sobre os androides, que chegarán dentro de 3 anos; antes de retornar para o seu futuro.
  • Toranks3 retorna, atopa as copias dos planos dos androides e volta de novo para a liña temporal 3.

O resto dos detalles desta liña temporal son descoñecidos.

Máis liñas temporais?[editar | editar a fonte]

É sabido polos seguidores que outras ofertas comerciais (xogos, libros, películas etc...) do universo de Dragon Ball ignoran moitos dos acontecementos das historias do manga (consideradas canónicas polos seguidores) e contan historias que polo regular están en conflito coas sagas canónicas. Algúns non fan caso das sagas canónicas e gozan destes medios, outros consideran os medios diverxentes apócrifos e ignoran estas historias.

Aínda que os traballos de Dragon Ball non están explicados en ningures, unha explicación razoábel é considerarmos que estas historias están noutras liñas temporais, coma se as cousas resultasen de xeito diferente. Esta é unha explicación moi similar ó Multiverso DC.

Resumo dos personaxes[editar | editar a fonte]

Personaxe(s) Liñas temporais
1 2 3 4
Freezer e o Rei Cold Matados por Toranks2 Matados por Son Goku Matados por Toranks3
Son Goku ver Son Goku Morre por unha doenza cardíaca Descoñecido
Toranks Ver Toranks Ver Toranks do futuro Matado por Célula Descoñecido
Outros Guerreiros Z Ve-las súas respectivas biografías Matados polos androides Descoñecido
C-17 e C-18 Absorbidos por Célula3 pero máis tarde liberados e reformados; ver C-17 e C-18 Matados por Toranks en combate Desactivados e destruídos co dispositivo feito grazas ás copias dos planos obtidos por Toranks na liña 4 Probabelmente destruídos co dispositivo feito grazas ás copias dos planos ou absorbidos por Célula
Célula Matado cando era un feto por Toranks2 e Krilin Matado por Toranks na emboscada fallada Matado por Son Gohanda1 na liña 1 Descoñecido

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]