A Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha (en castelán: Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha) ou simplemente Xunta de Comunidades, é a institución en que se organiza o autogoberno da comunidade autónoma de Castela-A Mancha, España.
As Cortes de Castela-A Mancha son a Asemblea Lexislativa da Comunidade Autónoma, á que corresponde a elaboración e aprobación das Leis e a elección e cesamento do Presidente da Xunta de Comunidades.
O Presidente da Xunta de Comunidades é o supremo representante da Comunidade Autónoma e o representante ordinario do Estado na mesma; a súa elección ten lugar polo voto favorable da maioría absoluta do Pleno das Cortes de Castela-A Mancha e o seu nomeamento corresponde ao Rei.
O Consello de Goberno é o órgano político e administrativo superior da Comunidade, ao que corresponde o exercicio da potestade regulamentaria e o desempeño da función executiva; está composto polo Presidente da Xunta de Comunidades, que o preside, e polos Conselleiros nomeados por el para facerse cargo das distintas Consellerías.
Tras a última remodelación do Goberno de Castela-A Mancha producida o 5 de xullo de 2015, o Consello de Goberno está formado polos seguintes conselleiros:
Composición do Consello de Goberno da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha - IX Lexislatura