Saltar ao contido

Xuan Bello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXuan Bello

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ast) Xuan Bello Fernán Editar o valor en Wikidata
10 de xullo de 1965 Editar o valor en Wikidata
Paniceiros, España Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xullo de 2025 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Oviedo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteaneurisma de aorta Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, poesía e lingua asturiana Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, poeta, tradutor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeSonia Fidalgo Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm2990064 Twitter: xuanbello BNE: XX958878 Bitraga: 1518 Dialnet: 183758 Editar o valor en Wikidata

Xuan Bello Fernán, nado en Paniceiros (Tinéu) en 1965 e finado en Oviedo o 29 de xullo de 2025 a causa dun aneurisma, foi un escritor asturiano.[1]

Foi traducido ao galego e el traduciu a Cunqueiro e Castelao. En 2023 participou no ciclo Rosalía en Camiño.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Tinéu, trasladouse a Tudela Veguín e despois a Oviedo, onde se formou na Facultade de Filoloxía e na tertulia Oliver, dirixida por José Luís García Martín e na que coincidiu con Antón García, Víctor Botas, José Luis Piquero ou Berta Piñán.[3]

Foi un dos autores máis destacados da literatura en lingua asturiana contemporánea, grazas ás súas traducións, especialmente de autores portugueses, ou ás súas colaboracións en revistas como Clarín, Adréi e Zimbru, sendo cofundador das dúas últimas con Berta Piñán e Esther Prieto respectivamente. En 2017 recibiu o Premio Nacional de Literatura Asturiana.

Foi sempre un firme defensor da lingua asturiana e traballou sempre pola súa oficialidade.[1]

Hestoria Universal de Paniceiros, de 2002, é unha colección de pequenos textos, íntima, poética e reflexiva, entre a memoria e a fabulación fantástica, a partir da súa pequena aldea entre montañas e da súa lingua foi quen de conectar co universal.[4]

Xuan Bello en Loiola (Azpeitia), 2012
  • Nel cuartu mariellu (1982).
  • Llibru de les cenices (1988)
  • Los nomes de la tierra (1991). Traducida ao galego en 2010 por Esperanza Mariño como Os nomes da terra.
  • El llibru vieyu (1994)
  • Los caminos secretos (1996)
  • La vida perdida (1999). Antoloxía bilingüe da súa poesía.
  • El llibru nuevu (2017) . Editorial Saltadera.
  • Les islles inciertes (2020). Ediciones Trabe.
  • Como facer L’Habana ensin salir d’Asturies (1998)
  • Ríu arriba (1998).
  • La bola infinita (2000).

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Pantasmes mundos, laberintos (1996). Historia apócrifa da literatura asturiana.
  • La memoria del mundu (1998).
  • Hestoria universal de Paniceiros (2002. Traducida ao galego en 2008, por Esperanza Mariño) como Historia universal de Paniceiros. O mundo da súa aldea. Foi Premio Ramón Gómez de la Serna.
  • Los cuarteles de la memoria (2003).
  • Meditaciones nel desiertu (2003). Mestura de diario e ficción.
  • La cueva del olvidu (2006).
  • La nieve y otros complementos circunstanciales (2007).
  • Al dios del llugar (2007).
  • La Hestoria Tapecida (2008). Historias varias.
  • El nuberu ye bona xente (2003).

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Alfaya (Berta Piñán 1989). Material didáctico
  • L’alborá de los malvises (1999). Edición Crítica da obra de Constantino Cabal.
  • El sentimientu de la tierra (1999). Antoloxía da literatura asturiana contemporánea.
  1. 1,0 1,1 Antuña, M. F. (2025-07-29). "La literatura asturiana pierde al escritor Xuan Bello". El Comercio: Diario de Asturias (en castelán). Consultado o 2025-07-29. 
  2. "Xuan Bello: «La literatura es una reflexión sobre el pasado invitando a vivir el presente»". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-06-01. Consultado o 2025-07-29. 
  3. Fernández-Pello, Elena (2025-07-29). "Fallece de forma repentina el escritor Xuan Bello, figura clave de la literatura asturiana contemporánea". La Nueva España (en castelán). Consultado o 2025-07-29. 
  4. Fanjul, Sergio C. (2025-07-29). "Muere Xuan Bello a los 60 años, escritor asturiano de vocación universal". El País (en castelán). Consultado o 2025-07-29. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]