Adréi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Adréi. Revista de lliteratura foi unha revista literaria en lingua asturiana publicada en Oviedo e fundada polos escritores Xuan Bello, Berta Piñán e Antón García[1]. O seu primeiro número publicouse en 1986 e o sétimo e derradeiro en 1992[2].

Características[editar | editar a fonte]

Na revista Adréi conviviron dúas tendencias. Por unha banda, serviu como revista xeracional da literatura asturiana e de punto de encontro dos escritores máis significativos da segunda xeración do Surdimientu. Nela viron a luz traballos de autores como Antón García, Concha Quintana ou Xilbertu Llano. Por outra banda, tamén foron publicadas obras de autores xa consagrados na literatura asturiana como Xuan Xosé Sánchez Vicente, ou autores vinculados co Conceyu d'Asturies de Madrid como Alfonso Velázquez ou Xosé Álvarez, Pin.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. araz.net (ed.). "Bello Fernán, Xuan". Consultado o 19 de febreiro de 2016. 
  2. "Adréi. Revista de lliteratura. Númberu 7". Consultado o 19 de febreiro de 2016.