Esta páxina está semiprotexida ata o 11-06-2019

Esperanza Mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Esperanza Mariño
Esperanza Mariño (AELG)-1.jpg
Nacemento15 de abril de 1963
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritora
XénerosEnsaio
EstudosFiloloxía Galego-Portuguesa
editar datos en Wikidata ]

Esperanza Mariño Dávila, nada en Santiago de Compostela o 15 de abril de 1963, é unha ensaísta e tradutora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Desde aquela, exerce como profesora en diversos Institutos de Ensino Secundario, para na actualidade traballar no IES de Sar, Santiago de Compostela.

Como investigadora, ten publicado artigos sobre lingua, literatura e crítica literaria en diversas revistas, tales como Festa da Palabra Silenciada, Revista de lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca da UNED, Dorna e A Freita (da Mesa prá Defensa del Galego de Asturias). Tamén participou como relatora en múltiples Congresos, Xornadas e Encontros, dentro e fóra de Galiza. Durante os anos noventa foi a representante galega na Fédération Européenne des Maisons de Pays (na defensa das linguas e culturas minorizadas de Europa). Ten colaborado tamén coas revistas Lletres Asturianes e Lliteratura.

Obras[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Historia universal de Paniceiros, de Xuan Bello, 2008, Positivas. Do asturiano para o galego.
  • Los nomes de la tierra. Os nomes da terra, de Xuan Bello, 2010, Positivas. Do asturiano para o galego.
  • Avó Ismail (Güelo Ismail), de Esther Prieto, 2011, Sotelo Blanco. Do asturiano para o galego.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mariño Dávila, Esperanza (2007). Dicionario María Mariño. Editorial TresCtres. ISBN 978-84-935562-4-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]