Calanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°56′N 0°14′O / 40.933, -0.233

Calanda
Vista parcial de Calanda. Foto José Antonio Bielsa.JPG
Vista de Calanda
Localización
PaísEspaña España
Com. AutónomaAragón
ProvinciaTeruel
ComarcaBajo Aragón
Xeografía
Altitude450 msnm
Superficie112,26 km² km²
Demografía
Poboación3.644 hab. (INE 2006)
Densidade32.05 hab./km²
XentilicioCalandino/a
Outros datos
Código postal44570
AlcaldeManuel Adrián Royo Ramos (PSOE)
www.calanda.es

Calanda é un concello da provincia de Teruel (Aragón, España). Está situado na bisbarra do Bajo Aragón.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A súa Semana Santa é de interese turístico por pertencer á Ruta del tambor y el bombo. É coñecida internacionalmente pola "Rompida da hora" ás 12 da mañá do Venres Santo. Os "putuntunes" (soldados vestidos de romanos) permanecen ata as 2 da tarde do Sábado Santo tocando os seus tambores en sinal de dor.

Pola zona pasaron os romanos e os árabes. A orixe da afección a tocar tambores e bombos vén da época das loitas cos árabes (século XII), xa que serviron para avisar dos ataques destes. Posteriormente utilizouse como instrumento de celebracións.

Os edificios relixiosos existentes son a Igrexa Parroquial da Nosa Señora da Esperanza (século XVIII), de estilo barroco; a Igrexa Parroquial da Virxe do Pilar (século XVIII); a Ermida de Santa Bárbara (século XV) e a Ermida do Humilladeiro (século XVIII). No alto dun outeiro ás aforas da poboación pódese ver o Calvario.

A vila está regada polos ríos Guadalope e Guadalopillo.

Produción de pexego con denominación de orixe, aceite con denominación de orixe, améndoa e cereal, así como refractarios e outras industrias e servizos.

Calanda é mundialmente coñecida pola súa Semana Santa e polo seu máis ilustre veciño, Luis Buñuel (a quen no seu momento botaron da vila por roxo), director de cine español, considerado o pai do surrealismo. Outras personaxes menos coñecidas, pero con igual importancia son: Gaspar Sanz, compositor barroco de guitarra española, que traballou para a Corte, e é coñecido pola súa Instrucción de música sobre la guitarra española; Miguel Pellicer, calandino famoso polo seu milagre, xa que pola importancia deste foi coñecida mundialmente a Virxe do Pilar, patroa da Hispanidade; o Cardeal Cascajares, cardeal nomeado polo Papa e o bispo de Calahorra A Rioxa; mosén Vicente Allanegui, o impulsor da Semana Santa calandina; o pai Manuel Mindán, falecido recentemente, gran filósofo e catedrático; Miguel Sancho Izquierdo, catedrático de Dereito e ex-reitor da Universidade de Zaragoza.

Poboación[editar | editar a fonte]

Variación demográfica do Concello entre 1991 e 2004
2004 2001 1996 1991
3598 3474 3596 3552

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]