Xosé Cid Cabido
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de decembro de 1959 (65 anos) Xunqueira de Ambía, España |
Formación profesional | Económicas e de Filoloxía Hispánica |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | Escritor e profesor |
Xénero artístico | Narrativa e teatro |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Xosé Cid Cabido, nado en Xunqueira de Ambía o 29 de decembro de 1959, é un escritor e profesor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi militante de ERGA e da AN-PG e un dos fundadores da organización asemblearia Galicia Ceibe-OLN. Pertenceu á organización armada da esquerda independentista galega Loita Armada Revolucionaria e foi preso en setembro de 1980.[1] Posteriormente foi indultado en 1983 tras unha petición ó goberno do PSOE.[2]
Cursou estudos de Económicas e de Filoloxía Hispánica na USC,[Cómpre referencia] e licenciouse en Filoloxía Galega. Foi membro da redacción da revista Espiral a comezos dos anos oitenta e colaborador de A Nosa Terra nos anos noventa, traballou como redactor e guionista ocasional de programas da TVG como Sitio Distinto (1990-1991), ademais de en Edicións Xerais, como director da colección Ferros. O 31 de maio de 2014 foi elixido en listas abertas como o portavoz de Anova - Irmandade Nacionalista en Vigo.[3]
En xullo de 2018, converteuse en profesor de ensino medio de Lingua e Literatura galega por oposición.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- O intercepto, 1986, Xerais (relatos)
- Foumán, 1987, Xerais (novela gañadora do premio Café de Catro a Catro)
- O camiño de Middelharnis, 1988, Xerais (prosa fragmentaria)
- Días contados, 1991, Xerais (relatos, gañador premio Cidade de Lugo)
- Panificadora, 1994, Xerais (novela, Premio Blanco Amor).[5]
- Oralmente pola boca, 1997, Xerais (relatos)
- Grupo abeliano, 1999, Xerais (novela, Premio Blanco Amor).[a] Foi traducida ao castelán.[6]
- Fálame sempre, 2003, Xerais (relatos)
- Blúmsdei, 2006, Xerais (novela)
- Unha historia que non vou contar, 2009 (novela)
- Tres pintores (2018), Xerais, 104 páx. ISBN 978-84-9121-452-6. [7]
Teatro
[editar | editar a fonte]- Copenhague, 1993, Xerais (teatro, co-autor con Andrés A. Vila, Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, 1992)
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Sede Central. Relatos 2, 1990, Clube Cultural Adiante.
- Materia prima, 1992, Xerais.
- Luís Seoane, 1910-1979. Unha fotobiografía, 1994, Xerais.
- From the beginning of the sea (De onde comeza o mar), 2008, Foreign Demand.
- A semente da nación soñada. Homenaxe a X. L. Méndez Ferrín, 2009 Sotelo Blanco Edicións.
- Antón Reixa. Ghicho distinto, con Manuel Xestoso, 2012, Xerais.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Café de Catro a Catro 1987.
- Premio Cidade de Lugo 1991.
- Premio Blanco Amor en 1994 e 1999.
- Certame de Narración Curta Ánxel Fole coa obra Tres pintores en 2018.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Despois incluída, co número 103, na Biblioteca Galega 120.
- Referencias
- ↑ Perfecto Conde Muruais (7/9/1980). "Nacionalistas gallegos, acusados de mantener contactos con ETA" El País (en castelán).
- ↑ REAL DECRETO 1157/1983, de 9 de febreiro de 1983, polo que se indulta a Xose Luis Nieto Pereira, Antonio Arias Curto e Xosé Cid Cabido.
- ↑ Ángel Paniagua Pérez (1/6/2014). "Anova elige nueva coordinadora pero mantiene la estrategia común con Esquerda Unida en Vigo" La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "DOG 160". Xunta de Galicia. Consultado o 16-09-2023.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 354–356. ISBN 84-8288-365-8.
- ↑ "Grupo abeliano". Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal.
- ↑ AELG (ed.). "Xosé Cid Cabido álzase co XX Premio de Narración Curta Ánxel Fole". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2018. Consultado o 18 de abril de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Cid Cabido, Xosé". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 254.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 90. ISBN 84-7492-465-0.
- Sampedro, Francisco; et al. (2005). "Cid Cabido, Xosé". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.