Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1961 (63 anos) Provincia de Moxico |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, nado en Moxico (Angola) o 3 de xaneiro de 1961, é un profesor e escritor galego.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mestre e Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación (Pedagoxía) pola Universidade de Santiago de Compostela.[1] Foi director das Escolas Obradoiro de Terra de Montes (Forcarei, 1992-1995), A Xuventude II (Cambados, 1995-1998) e Restauración IV (Tui, 1998-2000).[2] Traballou nas universidades de Vigo (2001-2002) e Santiago de Compostela (2003-2008).[2] Desde 2008 é profesor do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña.[2] Investiga sobre os procesos migratorios e as súas implicacións na escola; o contido dos manuais escolares; o emprego das imaxes fotográficas e o cinema como recursos no estudo da memoria escolar.[1]
Obras[editar | editar a fonte]
- A Escola da Bandeira. Unha nova escola en Galicia (1909-1936), 2000.[3]
- Fomento de la Instrucción Gallega, 2002 (coord.).[2]
- A Herdanza da emigración ultramarina, 2004.[2]
- Os lalinenses en América. Proxectos educativos e organización escolar. 2005.[4]
- As escolas de emigrantes e o Pensamento Pedagóxico: Ignacio Ares de Parga e Antón Alonso Ríos, 2006.[2]
- Nicolás Gutiérrez Campo. O recordo dun bo mestre, dun home bo, 2007.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Xosé Manuel Malheiro Gutierrez. Breve currículo" (PDF). nova-escolagalega.org. Consultado o 27 de marzo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez". www.udc.es. Consultado o 27 de marzo de 2020.
- ↑ "As Escolas da Emigración". mapas.consellodacultura.gal. Consultado o 27 de marzo de 2020.
- ↑ "Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez". Dialnet (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 350. ISBN 84-8064-113-4.
- Santorum, Gracia (2009). Dicionario de escritores de Deza. A Estrada: Fervenza. pp. 58–59. ISBN 978-84-96368-00-2.