Francisco Calo Lourido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Francisco Calo Lourido, nado en Porto do Son en 1948, é un antropólogo e arqueólogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filosofía e Letras e Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de Xeografía e Historia, foi director de varios institutos, ensinando actualmente no IES Torrente Ballester de Pontevedra. Impartiu clases nas universidades de Santiago e do Porto e foi bolseiro de Formación de Persoal Investigador do CSIC.

É patrón do Museo do Pobo Galego, do que foi secretario da Xunta Reitora, correspondente da Real Academia Galega, membro da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia, entre outras entidades.

Desenvolve a súa actividade investigadora nos eidos da Antropoloxía e da Arqueoloxía, traballando en numerosos xacementos arqueolóxicos asturianos, portugueses e galegos e dirixindo as escavacións e consolidación do Castro de Baroña.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • As artes de pesca, 1980, Museo do Pobo Galego.
  • A cultura castrexa, 1993, A Nosa Terra.
  • Os habitantes dos castros, 1994, A Nosa Terra.
  • A plástica da cultura castrexa galego-portuguesa, 2 tomos, 1994, Fundación Barrié.
  • Xentes do mar. Traballos, tradición e costumes, 1996, A Nosa Terra.
  • Castro de Baroña, 1997, Concello de Porto do Son.
  • Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia, 2010, Xerais.

Narrativa[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Estudos de cultura castrexa e de historia antiga de Galicia, 1983, Universidade de Santiago.
  • Castro de Baroña : campañas 1980-1984, 1986, Xunta de Galicia.
  • Historia Xeral de Galicia, 1997, A Nosa Terra.
  • Antropoloxía mariñeira: actas do Simposio Internacional in memoriam Xosé Filgueira Valverde, 1998, Consello da Cultura Galega.
  • Fainas do mar: vida e trabalho no litoral norte, 1999, Centro Regional de Artes Tradicionais, Porto.
  • Pontevedra e o mar. Simposio de Historia Marítima do século XII ao XVI, 2003, Concello de Pontevedra.
  • Caras de Pontevedra, 2005, A Nosa Terra.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • La cultura de un pueblo marinero: Porto do Son, 1978, Universidade de Santiago.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]