Xosé Antón Fraga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xosé A. Fraga")
Xosé Antón Fraga
Xosé A. Fraga Vázquez (AELG)-2.jpg
Nacemento 18 de setembro de 1950 (67 anos)
Lugar A Coruña, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Xéneros Ensaio
Estudos Ciencias
editar datos en Wikidata ]

Xosé Antón Fraga Vázquez, nado na Coruña o 18 de setembro de 1950, é un experto en cultura científica galega (ensino, historia e divulgación da ciencia).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias, sección Biolóxicas en 1973 pola Universidade de Santiago de Compostela, é doutor en Bioloxía por esta universidade desde 1992. Posúe o diploma de Postgrao en Historia das Ciencias e das Técnicas, curso 1997-1998, pola Universidade de Zaragoza. Impartiu varios cursos de terceiro ciclo nas universidades da Coruña, Santiago e Vigo (1995-2003) e foi membro de diversos tribunais de licenciatura e doutoramento. Exerceu como catedrático de Bioloxía e Xeoloxía no IES Monelos da Coruña, onde tamén se ocupou da dirección do centro. Foi desde xuño de 2008 até xullo de 2011 director dos Museos Científicos Coruñeses.

Nos anos setenta do século XX participou activamente nas loitas do profesorado non numerario (PNNs) pola estabilidade no emprego e democratización do ensino. Foi fundador, e vicepresidente inicial, do Ateneo Ferrolán (1976), así como fundador do Sindicato Galego de Traballadores do Ensino en 1977, vicepresidente de ADEGA, membro do Consello de Dirección de Llull, revista de Historia das Ciencias da Sociedad Española de Historia de las Ciencias y de las Técnicas; coordinador do Grupo de Traballo Interdisciplinar Ramón María Aller de Historia das Ciencias e das Técnicas, Área do Seminario de Estudos Galegos, presidente da Asociación de Investigadores Ramón de la Sagra. Exerceu como coordinador e editor do Diccionario histórico das Ciéncias e das Técnicas da Galiza (1993, 2005). Forma parte da Sección de Ciencia do Consello da Cultura Galega desde 2008.

Membro do comité de organización de diversos congresos sobre cultura científica, foi poñente en varios deles. Autor de máis de cen publicacións en revistas especializadas sobre diversos aspectos da cultura científica, ensino, historia e divulgación da ciencia. No ámbito das exposicións divulgativas foi asesor de Eine Reise des Geistes: Alexander von Humboldt in Spanien (Instituto Cervantes de Berlín, 2006). Exerceu o papel de comisario da exposición organizada polo CSIC A Junta de Ampliación de Estudios e a ciencia en Galicia (Santiago, A Coruña, Vigo, 2007), da exposición sobre A Ciencia e a cidade (A Coruña, xuño de 2008) e A Granxa agrícola experimental de Galicia (1888-1964) (A Coruña, 2011). Ademais, dirixiu as exposicións producidas polos Museos Científicos Coruñeses O asombro de Mr. Darwin (2009), Eureka, ciencia y creatividad (2010) e a exposición web www.misterdarwin.eu (2011). Foi organizador e director da celebración do Ano Darwin (2009) nos Museos Científicos Coruñeses (que incluíu actuacións de teatro, exposicións diversas, edición dunha monografía de comunicación científica, proxeccións, conferencias, debates e actos singulares), organizador e director do primeiro Simposio de museoloxía científica celebrado en España (novembro 2010) e do ciclo de divulgación científica Os luns con ciencia (2009, 2010, 2011). Colabora desde 2013 no Álbum da ciencia da Consello da Cultura Galega.

En 2013 foi nomeado académico correspondente da Real Academia Galega.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Bioloxía na Galiza na segunda metade do século XIX (1868-1903): ensino, divulgación, debates, produción, institucionalización e recepción de novidades, 1992, USC.
  • Creación e orixinalidade na obra do naturalista Seoane, 2007.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]