Xoán Noya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xoán Noya
Nacemento 22 de xaneiro de 1900
  A Guarda
Falecemento 19 de decembro de 1989
  A Guarda
Nacionalidade España
Ocupación xornalista e político
Fillos Luís Noya
editar datos en Wikidata ]

Xoán Noya Gil, nado na Guarda o 22 de xaneiro de 1900 e finado no mesmo concello o 19 de decembro de 1989,[1] foi un político e impresor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fundou a Sociedade Obreira da Guarda, da que foi secretario, e o semanario Nuevo Heraldo, desde onde defendeu o agrarismo. Coa chegada da Segunda República formou parte da Comisión Xestora municipal, integrouse no Partido Galeguista e en 1936 foi tenente de alcalde. Perseguido polo Franquismo, estivo agochado e pasou dous anos nas prisións de Vigo e Pontevedra. O seu irmán Manuel Noya Gil foi asasinado en agosto de 1936. Ao pouco de rematar a guerra, nun clima de represión, marchou para Venezuela cos seus dous fillos, Luís e Óscar.

Publicou as súas memorias en 1976 co título Fuxidos. Memorias de un republicano gallego perseguido por el franquismo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 20-12-1988, p. 23.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]